Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 243 Venres, 19 de decembro de 2014 Páx. 51935

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Samos

ANUNCIO da delimitación do núcleo rural de Freixo.

De conformidade co disposto na disposición adicional segunda da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, exponse ao público o expediente iniciado neste concello por instancia de José Germán Regueiro Sánchez, de delimitación do núcleo rural de Freixo, polo prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia e en dous dos xornais de maior difusión no municipio, para os efectos de posibles alegacións ou reclamacións.

Samos, 26 de novembro de 2014

Julio Gallego Moure
Alcalde