Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 243 Venres, 19 de decembro de 2014 Páx. 51936

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Autoridade Portuaria de Vigo

ANUNCIO do 11 de decembro de 2014 de convocatoria de prazas de persoal laboral temporal.

A Autoridade Portuaria de Vigo realiza convocatoria de postos de traballo para cubrir 5 (cinco) prazas mediante contrato temporal de revezamento ao 75 % da xornada.

– 5 prazas de policía portuario/a, concurso de méritos.

As bases da convocatoria e os impresos de solicitude están dispoñibles na páxina web www.apvigo.es e no taboleiro de anuncios da Autoridade Portuaria de Vigo, Praza da Estrela, nº 1.

As solicitudes deberán presentarse no prazo de 10 (dez) días naturais contados a partir do día seguinte á publicación deste anuncio, no rexistro das oficinas centrais da Autoridade Portuaria de Vigo, das 9.00 ás 14.00 horas. Se o último día do prazo coincidir en sábado, domingo ou festivo, este finalizará no seguinte día hábil.

Vigo, 11 de decembro de 2014

Beatriz Colunga Fidalgo
Directora da Autoridade Portuaria de Vigo