A directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística ditou o 10 de novembro de 2014 a resolución pola cal se desestima o recurso potestativo de reposición interposto por José Manuel Campaña Noal contra a Resolución do 29 de outubro de 2013, ditada pola directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, en relación coas obras consistentes na construción dunha edificación de uso residencial, no lugar de Cimás, parroquia de Meirás, no termo municipal de Sada, provincia da Coruña.
Ao non poderse realizar a notificación persoal daquela resolución ao citado interesado, mediante esta cédula, e ao amparo do disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (LRXPAC), notifícase ao citado interesado a devandita resolución.
Tendo en conta que, en atención ao previsto no artigo 61 da LRXPAC, o acto non se publica na súa integridade, fáise saber ao interesado que o texto íntegro da resolución que se lle notifica se encontra ao seu dispor nas dependencias da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística sitas no Edificio Witland, 1º andar, Salgueiriños, en Santiago de Compostela, para a súa consulta no prazo de dez (10) días hábiles, contados desde o día seguinte ao da publicación desta cédula. Transcorrido o devandito prazo, a notificación entenderase producida.
Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, o interesado poderá interpoñer recurso contencioso-administrativo, ante o xulgado do contencioso-administrativo en cuxa circunscrición radique o inmoble afectado, conforme o disposto no artigo 14.1.3 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, no prazo de dous (2) meses contado a partir do día seguinte a aquel en que se teña producido a notificación, segundo o disposto no artigo 46.1 da citada lei.
Para que conste e sirva de notificación ao interesado, en cumprimento do disposto no artigo 59.5 da LRXPAC, expido e asino esta cédula.
Santiago de Compostela, 2 de decembro de 2014
María Martínez Allegue
Directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística