Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 243 Venres, 19 de decembro de 2014 Páx. 51835

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (549/2014).

Despedimento/cesamentos en xeral 549/2014

Demandante: Santiago Ríos Pérez

Demandados: Hermanos Seoane, S.L., Fogasa

Eu, Susana Varela Amboage, secretaria do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que por resolución ditada no día da data, no proceso seguido por instancia de Santiago Ríos Pérez contra Hermanos Seoane, S.L., rexistrado co número 549/2014, se acordou citar a Hermanos Seoane, S.L., en ignorado paradoiro, co fin de que compareza na sala de vistas do Xulgado do Social número 3, situado na rúa Berlín, s/n, polígono das Fontiñas, CP 15707, o día 29 de decembro de 2014, ás 9.10 e 9.15 horas, para a celebración dos actos de conciliación e, de ser o caso, xuízo; poderá comparecer persoalmente ou mediante persoa legalmente apoderada e deberá acudir con todos os medios de proba de que tente valerse, coa advertencia de que é única convocatoria e que os ditos actos non se suspenderán por falta inxustificada de asistencia.

Fáiselle saber que ten á súa disposición na oficina xudicial a cédula de citación, copia da demanda e decreto de admisión e demais resolucións e documentos existentes no procedemento.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que sexan de autos ou sentenzas, ou cando se trate de emprazamento.

No caso de que pretenda comparecer ao acto do xuízo asistido de avogado ou representado tecnicamente por graduado social colexiado, ou representado por procurador, porá esta circunstancia en coñecemento do xulgado ou tribunal por escrito, dentro dos dous días seguintes ao da súa citación para o xuízo, con obxecto de que, trasladada tal intención ao demandante, poida este estar representado tecnicamente por graduado social colexiado ou representado por procurador, designar avogado noutro prazo igual ou solicitar a súa designación a través da quenda de oficio. A falta de cumprimento destes requisitos supón a renuncia da parte ao dereito de valerse no acto de xuízo de avogado, procurador ou graduado social colexiado.

E para que sirva de citación a Hermanos Seoane, S.L., expídese este edicto para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e colocación no taboleiro de anuncios.

Así mesmo, ditouse no procedemento de despedimento 821/2014 tramitado ante este xulgado entre as mesmas partes auto do 27 de outubro de 2014 cuxa parte dispositiva establece literalmente:

Dispoño: a acumulación deste procedemento de despedimento 821/2014 ao procedemento de rescisión contractual 549/2014 seguido ante este xulgado, continuando a súa tramitación nun único procedemento e dando de baixa este no libro de asuntos xerais.

Expídase a correspondente certificación literal desta resolución, que quedará unida ao procedemento, e lévese o orixinal ao libro da súa razón.

E para que sirva de notificación a Hermanos Seoane, S.L., expídese este edicto para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e colocación no taboleiro de anuncios.

Santiago de Compostela, 3 de decembro de 2014

A secretaria xudicial