Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 243 Venres, 19 de decembro de 2014 Páx. 51864

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 25 de novembro de 2014, da Xefatura Territorial de Ourense, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa previa e de construción dunha instalación eléctrica no concello de Baños de Molgas (expediente IN407A 2014/43-3).

Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: A Batundeira, 2, 32960 Velle, Ourense.

Denominación: LMT e CT Samuel González Movilla.

Situación: Baños de Molgas.

Características técnicas: LMT subterránea a 20 KV de 65 m con condutor RHZ1-12/20 kV 3×150 AL, con orixe na LMT ao CT Baños de Molgas II (32CHM1) expediente 1446-AT e remate no CT proxectado prefabricado manobra exterior Baños de Molgas de 250 kVA
e R/T 20.000/400-230 V.

Orzamento: 43.320,56 euros.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, Curros Enríquez, 1, 4º, no prazo de vinte días. Así mesmo, e durante o mencionado prazo, tamén se poderá examinar o proxecto da instalación.

Ourense, 25 de novembro de 2014

Alfonso Tomás Paz Doniz
Xefe territorial de Ourense