Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 243 Venres, 19 de decembro de 2014 Páx. 51863

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 4 de novembro de 2014, da Xefatura Territorial de Ourense, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa previa e de construción dunha instalación eléctrica no concello de Nogueira de Ramuín (expediente IN407A 2014/27-3).

Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Iberdrola Distribución Eléctrica, S.A.U.

Domicilio social: rúa María de Molina, 7, 6º, 47001 Valladolid.

Denominación: proxecto de modificación da liña eléctrica 20 kV Santo Estevo-A Rasa, por modificación de L/E a 220 kV Santo Estevo-Trives.

Situación: Nogueira de Ramuín.

Características técnicas: LMT aérea a 20 kV de 48 m, con condutor tipo LA-56 e orixe no apoio nº 5 (novo apoio 5B) da LMT Santo Estevo-A Rasa e remate no apoio nº 6 da mesma LMT.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, Curros Enríquez, 1, 4º, no prazo de vinte días. Así mesmo, e durante o mencionado prazo, tamén se poderá examinar o proxecto da instalación.

Ourense, 4 de novembro de 2014

Alfonso Tomás Paz Doniz
Xefe territorial de Ourense