Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 243 Venres, 19 de decembro de 2014 Páx. 51917

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Galego de Consumo

ANUNCIO do 4 de decembro de 2014, do Servizo de Consumo da Coruña, polo que se emprazan os interesados para seren notificados por comparecencia no expediente 15R002/115/2009 e dous máis.

De conformidade co disposto no artigo 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, despois de intentada a notificación persoal, emprázanse os interesados que se sinalan no anexo para seren notificados por comparecencia.

O acto foi adoptado pola presidenta do Instituto Galego de Consumo.

A comparecencia deberá efectuarse, no prazo de dez (10) días contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, ante o Servizo de Consumo da Coruña, con enderezo na praza Luís Seoane, s/n (Edificio Administrativo Monelos, 2ª andar, ala norte) da Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

A Coruña, 4 de decembro de 2014

Por vacante (Artigo 12.3 do Decreto 184/2011;
DOG núm. 189, do 3 de outubro)
Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña

ANEXO

Expediente: 15R002/115/2009.

Interesada: PC City Spain, S.A.U.

Acto notificado: resolución de recurso de alzada.

Expediente: 15R002/139/2009.

Interesada: Mercado Actual y Servicios Logísticos, S.L.

Acto notificado: resolución de recurso de alzada.

Expediente: 15R002/149/2009.

Interesado: Francisco Salcines Martínez (Más Colchón).

Acto notificado: resolución de recurso de alzada.