Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 242 Xoves, 18 de decembro de 2014 Páx. 51670

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 2 de Lalín

EDICTO (160/2014).

Divorcio contencioso 160/2014

Demandante: María Paz Barco Cortizo

Procuradora: María José Blanco Mosquera

Avogada: María de los Ángeles Blanco Pérez

Demandado: Abdelhamid Djebarra

No procedemento de referencia ditouse sentenza en data 12 de setembro de 2014, cuxa decisión é do teor literal seguinte:

«Que admitindo a demanda interposta pola representación de María de la Paz Barco Cortizo contra Abdelhamid Djebarra, debo declarar e declaro disolto por razón de divorcio o matrimonio ata a data existente entre os expresados cónxuxes, con todos os efectos legais inherentes a tal pronunciamento.

Non procede facer pronunciamento en materia de custas procesuais.

Notifíqueselles a presente resolución ás partes facéndolles saber que contra esta cabe recurso de apelación, que se interporá ante este xulgado no prazo de vinte (20) días, desde o seguinte ao da súa notificación, e que se resolverá ante a Audiencia Provincial de Pontevedra.

Firme que sexa esta resolución procédase á súa inscrición mediante os oportunos despachos no rexistro civil correspondente.

Así, por esta a miña sentenza, da cal se levará testemuño aos autos da súa razón, acórdoo, mándoo e asínoo».

E como consecuencia do ignorado paradoiro de Abdelhamid Djebarra, expídese o presente edicto para que sirva de cédula de notificación.

Lalín, 26 de novembro de 2014

A secretaria xudicial