Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 242 Xoves, 18 de decembro de 2014 Páx. 51566

IV. Oposicións e concursos

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 21 de novembro de 2014, da Xerencia de Xestión Integrada de Lugo, Cervo e Monforte de Lemos, pola que se resolve a convocatoria para a provisión, polo sistema de avaliación colexiada, do posto de xefe/a do Servizo de Pediatría e as súas áreas específicas do Hospital Universitario Lucus Augusti de Lugo.

Pola Resolución do 22 de maio de 2014 (DOG núm. 112, do 13 de xuño), da Xerencia de Xestión Integrada de Lugo, Cervo e Monforte de Lemos convocouse, para a súa provisión, polo sistema de avaliación colexiada, o posto de xefe/a do Servizo de Pediatría e as súas áreas específicas do Hospital Universitario Lucus Augusti de Lugo. De acordo co disposto nas bases da convocatoria, logo da actuación da Comisión de Avaliación, e á vista do currículo profesional e da defensa do proxecto técnico de xestión, esta xerencia, de conformidade co establecido no Decreto 206/2005, do 22 de xullo (DOG núm. 145, do 29 de xullo), de provisión de prazas de persoal estatutario do Servizo Galego de Saúde, así como na Orde do 24 de maio de 2006 (DOG núm. 106, do 5 de xuño), pola que se establecen as bases do procedemento para a provisión dos postos de xefatura e coordinación das institucións sanitarias do Servizo Galego de Saúde, e en virtude das competencias atribuídas polo Decreto 43/2013, do 21 de febreiro (DOG núm. 47, do 7 de marzo), polo que se establece a estrutura orgánica do Servizo Galego de Saúde, modificado polo Decreto 111/2013, do 4 de xullo (DOG núm. 140, do 24 de xullo), e na Orde do 12 de abril de 2013 (DOG núm. 76, do 19 de abril), pola que se desenvolve a estrutura organizativa de xestión integrada de Lugo, Cervo e Monforte de Lemos, así como na Orde do 5 de xullo de 2012 (DOG núm. 139, do 20 de xullo) sobre delegación de competencias en órganos centrais e periféricos do Servizo Galego de Saúde,

DISPÓN:

Primeiro. Resolver a convocatoria pública para a provisión do posto de xefe/a do Servizo de Pediatría e as súas áreas específicas do Hospital Universitario Lucus Augusti de Lugo, convocada pola Resolución do 22 de maio de 2014 (DOG núm. 112, do 13 de xuño).

Segundo. Nomear, para o posto que se indica, a persoa citada no anexo desta resolución.

Terceiro. De conformidade coa base décimo primeira da convocatoria, o candidato nomeado será avaliado, antes de que transcorran catro anos desde o seu nomeamento, para os efectos de prorrogar o desempeño da xefatura, por idéntico período de tempo, ou proceder á súa remoción.

A omisión da avaliación non suporá a consideración do nomeamento como definitivo.

Cuarto. O réxime de cesamento na praza de orixe e a toma de posesión da praza adxudicada será o establecido no artigo 27 da Orde do 24 de maio de 2006 pola que se establecen as bases do procedemento para a provisión dos postos de xefatura e coordinación das institucións sanitarias do Servizo Galego de Saúde.

Quinto. Contra a presente resolución, que non pon fin á vía administrativa conforme a Lei 6/2001, do 29 de xuño (DOG núm. 135, do 12 de xullo), de adecuación da normativa da Comunidade Autónoma Galega á Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, de modificación da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, poderá interpoñerse recurso de alzada perante o mesmo órgano que ditou o acto ou ante o competente para resolvelo que será a Dirección Xeral de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde, no prazo dun mes, que comezará a contar a partir do día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co establecido nos artigos 114 e seguintes da Lei 30/1992 citada.

Lugo, 21 de novembro de 2014

Antonio García Quintáns
Xerente de Xestión Integrada de Lugo Cervo e Monforte de Lemos

ANEXO

Denominación do posto: xefe/a do Servizo de Pediatría e as súas áreas específicas.

Nome e apelidos: Roberto Pérez Pacín.

DNI: 33810810M.