Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 242 Xoves, 18 de decembro de 2014 Páx. 51745

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Portos de Galicia

CÉDULA do 3 de decembro do 2014 pola que se notifica resolución de arquivamento de expediente de caducidade da autorización temporal de atracada co número P1-91D das instalacións náutico-deportivas do porto de Ares.

Con data do 18 de novembro de 2014, o presidente de Portos de Galicia, ao abeiro do establecido no artigo 40.2.b) do Decreto 130/2013, do 1 de agosto, polo que se regula a explotación dos portos deportivos e das zonas portuarias de uso náutico-deportivo de competencia da Comunidade Autónoma de Galicia, resolveu decretar o arquivamento do expediente de caducidade da autorización temporal de atracada que se cita, da que é titular Pedro Hernández Lorenzo.

Intentada a notificación da resolución no enderezo que consta no expediente sito na avda. do Mar, 25-2º E, de Ferrol, provincia da Coruña, a través do servizo de Correos, e non sendo posible a súa práctica, de conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, notifícase mediante a publicación no Diario Oficial de Galicia e exposición no taboleiro de edictos do Concello de Ferrol, a presente resolución de arquivamento de expediente de caducidade da autorización temporal de atracada.

E para que conste e sirva de notificación, e en cumprimento do disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, expido, asino e selo a presente cédula.

Santiago de Compostela, 3 de decembro de 2014

José Juan Durán Hermida
Presidente de Portos de Galicia