Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 242 Xoves, 18 de decembro de 2014 Páx. 51737

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Portos de Galicia

CÉDULA do 2 de decembro de 2014 pola que se notifica acordo de incoación de expediente de caducidade de autorización temporal de atracada co número P1-39D das instalacións náutico-deportivas do porto de Foz.

Con data do 18 de novembro de 2014, o presidente de Portos de Galicia, ao abeiro do establecido no artigo 40.2.a) do Decreto 130/2013, do 1 de agosto, polo que se regula a explotación dos portos deportivos e das zonas portuarias de uso náutico-deportivo de competencia da Comunidade Autónoma de Galicia, acordou incoar expediente de caducidade da autorización temporal de atracada que se cita, da que é titular José Antonio Rodríguez Blanco.

A instrución recae en Jesús Javier Fernández Barro, xefe da División Xurídica de Portos de Galicia, con domicilio para efectos do presente expediente en Área Central, praza de Europa, 5-A, 6º, de Santiago de Compostela, sendo o seu réxime de abstención e recusación o consignado nos artigos 28 e 29 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Intentada a notificación do acordo de incoación do expediente de caducidade no enderezo que consta no expediente sito na rolda da Muralla, 55-3º, de Lugo, a través do servizo de Correos, e non sendo posible a súa práctica, de conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, notifícase, mediante a publicación no Diario Oficial de Galicia e exposición no taboleiro de edictos do Concello de Lugo, este acordo de incoación de expediente de caducidade da autorización temporal de atracada.

O expediente incóase pola concorrencia da causa de caducidade prevista no artigo 40.1.b) do Decreto 130/2013, por estaren pendentes de aboamento en período executivo as liquidacións da taxa portuaria X-5, embarcacións deportivas e de lecer, correspondentes ao primeiro e segundo semestre do ano 2013.

Contra o acordo de incoación poderanse formular alegacións perante o instrutor designado no expediente, outorgándose para estes efectos un prazo máximo de dez (10) días hábiles contados desde o día seguinte ao da publicación do acordo no Diario Oficial de Galicia e exposición no taboleiro de edictos do Concello de Lugo.

De acordo co artigo 40.1.c) do Decreto 130/2013, de efectuarse o aboamento das liquidacións pendentes en vía de constrinximento antes de que se dite resolución que poña fin ao expediente, procederase ao seu arquivamento. Para proceder a aboar as ditas cantidades poderase poñer en contacto co Departamento de Contabilidade e Tesouraría de Portos de Galicia no número de teléfono 981 54 53 41.

E para que conste e lle sirva de notificación, e en cumprimento do disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, expido, asino e selo esta cédula.

Santiago de Compostela, 2 de decembro de 2014

José Juan Durán Hermida
Presidente de Portos de Galicia