Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 241 Mércores, 17 de decembro de 2014 Páx. 51476

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

ANUNCIO do 24 de novembro de 2014, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, pola que se notifica o interesado para que acredite a representación do recurso de alzada interposto contra a resolución ditada no expediente sancionador PO-EP 263/13 en materia de espectáculos públicos tramitados na provincia de Pontevedra.

De conformidade co disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, despois de intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícaselle ao interesado que se sinala no anexo deste anuncio para que acredite a representación do recurso de alzada interposto contra a resolución recaída no expediente sancionador PO-EP 263/13 en materia de espectáculos públicos na provincia de Pontevedra.

De conformidade co disposto nos artigos 32 e 110.1 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, o interesado deberá achegar a dita representación, no prazo de dez días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, ao seguinte enderezo: Servizo Técnico-Xurídico da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza: Edificio Administrativo San Caetano, s/n, 15781, Santiago de Compostela.

Transcorrido o dito prazo sen achegar a dita representación, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado no punto anterior.

Indícaselle que de non presentar a documentación requirida no prazo indicado anteriormente se lle terá por desistido da súa petición, logo da resolución que deberá ser ditada nos termos previstos no artigo 42 da dita Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Este anuncio remitirase, así mesmo, ao concello correspondente ao último domicilio coñecido do interesado, en aplicación do artigo 59.5 da Lei 30/1992, co obxecto de que proceda á súa publicación por medio dun anuncio no seu taboleiro de edictos.

Santiago de Compostela, 24 de novembro de 2014

Beatriz Cuiña Barja
Secretaria xeral técnica da Consellería de Presidencia,
Administracións Públicas e Xustiza

ANEXO

Expediente: resolución do expediente sancionador con data do 27 de setembro de 2013 (PO-EP 263/13), Hostelería Hot, S.L.

Recorrente: Domingos Antonio Pires.

Acto de notificación: requirimento de acreditación da representación do recurso de alzada interposto contra a resolución recaída no expediente sancionador anteriormente citado.

Últimos domicilios coñecidos: avda. de Florida, 22-2º A, 36210 Vigo (Pontevedra) e avda. de Castrelos, nº 213 baixo, 36210 Vigo (Pontevedra).