Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 241 Mércores, 17 de decembro de 2014 Páx. 51474

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

RESOLUCIÓN do 1 de decembro de 2014, da Secretaría Xeral de Medios, pola que se fai pública a formalización da contratación para a subministración e instalación de equipamentos para a execución das actuacións para a realización do cambio de frecuencias nos centros de cobertura da difusión dos múltiplex dixitais en zonas rurais dos concellos de Galicia (10 lotes) (expediente 5-2014).

Para os efectos previstos no artigo 154 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público, faise pública a formalización do seguinte contrato administrativo:

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Secretaría Xeral de Medios da Presidencia.

b) Dependencia que tramita o expediente: Subdirección Xeral de Réxime Xurídico e Xestión de Medios Audiovisuais.

c) Número de expediente: 5-2014.

d) Enderezo web do perfil do contratante:

http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=21170

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo de contrato: subministración.

b) Descrición do obxecto: subministración e instalación de equipamentos para a execución das actuacións para a realización do cambio de frecuencias nos centros de cobertura da difusión dos múltiplex dixitais en zonas rurais dos concellos de Galicia (10 lotes).

c) Boletín ou diario oficial e data de publicación do anuncio de licitación: DOG nº 178, do 12 de setembro de 2014.

3. Tramitación e procedemento de adxudicación:

a) Tramitación: ordinaria e documentalmente simplificada.

b) Procedemento: aberto.

4. Orzamento de licitación: importe neto: 387.610,15 €; IVE: 81.398,13 €. Total: 469.008,28.

5. Formalización do contrato:

a) Data de adxudicación: 18 de novembro de 2014.

b) Data de formalización: 24 de novembro de 2014.

c) Adxudicatarios e importe da adxudicación:

Lote

Contratista

Importe neto

IVE

Importe total

Lote 1

Itelsis, S.L.

38.133,57 €

8.008,05 €

46.141,62 €

Lote 2

Itelsis, S.L.

35.792,93 €

7.516.52 €

43.309,45 €

Lote 3

Tredess 2010, S.L.

48.255,30 €

10.133,61 €

58.388,91 €

Lote 4

Itelsis, S.L.

36.574,86 €

7.680.72 €

44.255,58 €

Lote 5

Itelsis, S.L.

34.871,67 €

7.323,05 €

42.194,72 €

Lote 6

Itelsis, S.L.

36.255,69 €

7.613,69 €

43.869,38 €

Lote 7

Tredess 2010, S.L.

27.698,43 €

5.816,67 €

33.515,10 €

Lote 8

Egatel, S.L.

51.300,00 €

10.773,00 €

62.073,00 €

Lote 9

Tredess 2010, S.L.

37.282,95 €

7.829,42 €

45.112,37 €

Lote 10

Egatel, S.L.

40.350,00 €

8.473,50 €

48.823,50 €

Santiago de Compostela, 1 de decembro de 2014

Mar Sánchez Sierra
Secretaria xeral de Medios