Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 241 Mércores, 17 de decembro de 2014 Páx. 51518

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural e do Mar

ANUNCIO do 28 de novembro de 2014, da Xefatura Territorial de Pontevedra, polo que se notifica a resolución do expediente PSC-PO-0228/2014-PPM e cinco máis.

De conformidade co disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE número 285, do 27 de novembro), logo de intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícaselles ás persoas interesadas que se sinalan no anexo deste anuncio a resolución do expediente PSC-PO-0228/2014-PPM e cinco máis.

A persoa interesada poderá comparecer nas oficinas da sede da Xefatura de Coordinación da Área do Mar da Consellería do Medio Rural e do Mar, sitas na rúa Concepción Arenal, 8, 4º andar, Vigo, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento íntegro da resolución e constancia de tal coñecemento.

Este anuncio remitirase, así mesmo, ao concello correspondente ao último enderezo coñecido da persoa interesada, en aplicación do artigo 59.5 da Lei 30/1992, co obxecto de que proceda á súa publicación por medio dun anuncio no seu taboleiro de edictos.

Contra a resolución do expediente de referencia, que non pon fin á vía administrativa, poderá a persoa interesada interpoñer recurso de alzada, ante a conselleira do Medio Rural e do Mar, no prazo dun mes, contado o dito prazo a partir do día seguinte ao da última publicación deste anuncio, de conformidade co disposto nos artigos 114 e 115 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, sen prexuízo de que poida exercer calquera outro recurso que xulgue pertinente.

Pontevedra, 28 de novembro de 2014

Miguel Ángel Pérez Dubois
Xefe territorial de Pontevedra

ANEXO

Expediente: PSC-PO-0228/2014-PPM.

Persoa interesada: Berenguer Crespo González.

Acto de notificación: resolución.

Último enderezo coñecido: rúa Seixas Abaixo, nº 13 , Nigrán.

Expediente: PSC-PO-0289/2014-PPM.

Persoa interesada: Pedro Salgueiro Caneda.

Acto de notificación: resolución.

Último enderezo coñecido: Pedreiras, nº 53, Vigo.

Expediente: PSC-PO-0290/2014-PPM.

Persoa interesada: Jesús Padín Sampedro.

Acto de notificación: resolución.

Último enderezo coñecido: A Xunca Branca, nº 29 (Vilalonga), Sanxenxo.

Expediente: PSC-PO-0394/2014-PPM.

Persoa interesada: Alfredo Landín Rosales.

Acto de notificación: resolución.

Último enderezo coñecido: Cabo Falcoeiro, nº 8, Poio.

Expediente: PSC-PO-0395/2014-PPM.

Persoa interesada: Marina Martínez Cao.

Acto de notificación: resolución.

Último enderezo coñecido: avenida de Cambados, nº 157, 7º A, Vilagarcía de Arousa.

Expediente: PSC-PO-0467/2014-PPM.

Persoa interesada: David Seoane Calvar.

Acto de notificación: resolución.

Último enderezo coñecido: Barciela, nº 82, Vilaboa.