Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 241 Mércores, 17 de decembro de 2014 Páx. 51520

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural e do Mar

ANUNCIO do 28 de novembro de 2014, da Xefatura Territorial de Pontevedra, polo que se notifica a resolución de recurso de alzada do expediente sancionador PSC-PO-0204/2014-ACU.

De conformidade co disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE número 285, do 27 de novembro), logo de intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícase á persoa interesada que se sinala no anexo deste anuncio a resolución do recurso de alzada do expediente PSC-PO-0204/2014-ACU.

A interesada dispón dun prazo de dez días, contado a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio, para examinar o expediente e interpoñer, dentro do prazo que en cada caso se estableza, o recurso pertinente.

O expediente atópase á disposición da interesada nas oficinas da Xefatura de Coordinación da Área do Mar, da Consellería do Medio Rural e do Mar, sitas na rúa Concepción Arenal, 8, 4º andar, en Vigo, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento íntegro da resolución e constancia de tal coñecemento.

Pontevedra, 28 de novembro de 2014

Miguel Ángel Pérez Dubois
Xefe territorial de Pontevedra

ANEXO

Nº de expediente: PSC-PO-0204/2014-ACU.

Denunciada: Dolores Carballo Leiro.

Enderezo: avenida de Ourense, nº 18, 3º D.

Precepto infrinxido: 137.C.6.

Resolución: desestimatoria confirmando a resolución impugnada.