Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 240 Martes, 16 de decembro de 2014 Páx. 51334

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Boimorto

ANUNCIO da aprobación inicial do Plan especial de dotacións para a ampliación da minirresidencia.

Mediante Resolución da Alcaldía aprobada polo Decreto 477/2014, do 24 de novembro, procedeuse á aprobación inicial do Plan especial de dotacións para a ampliación da minirresidencia de Boimorto, que ten como finalidade a incorporación ao sistema local de equipamentos asistenciais do Concello dos terreos para a ampliación da minirresidencia de maiores existente no núcleo urbano de Boimorto, ao carón da estrada provincial CP-1002, o cal se somete a información pública en cumprimento do establecido no artigo 11.1 do Real decreto lexislativo 2/2008, do 20 de xuño, polo que se aproba o texto refundido da Lei de solo; artigo 86.2 da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, e, con carácter supletorio, o artigo 128 do Regulamento estatal de planeamento urbanístico, aprobado polo Real decreto 2159/1978.

O prazo de consultas e información pública será dun mes, a partir da publicación do correspondente anuncio no Diario Oficial de Galicia, sen prexuízo da súa publicación en dous xornais dos de maior difusión na provincia e no taboleiro de anuncios da casa do concello. Durante o dito prazo o expediente e o documento do Plan especial de dotacións para a ampliación da minirresidencia de Boimorto poranse de manifesto na Secretaría deste concello, en horario de atención ao público, de luns a venres, das 9.00 ás 15.00 horas. No dito prazo igualmente os interesados poderán formular as alegacións que teñan por conveniente para a defensa dos seus dereitos e intereses.

Así mesmo, faise público que en aplicación, con carácter supletorio, do artigo 120.1 do Real decreto 2159/1978, do 23 de xuño, polo que se establece o Regulamento de planeamento urbanístico, se suspende o outorgamento de aprobacións, autorizacións e licenzas urbanísticas na área determinada no expediente e que o prazo de suspensión é dun ano.

Boimorto, 24 de novembro de 2014

Ana Ledo Fernández
Alcaldesa