Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 240 Martes, 16 de decembro de 2014 Páx. 51333

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Portos de Galicia

ACORDO do 13 de outubro de 2014, da Zona Centro, polo que se somete a información pública a tramitación dunha concesión administrativa con destino á ocupación da antiga lonxa de Portocubelo, solicitada pola Asociación Cultural Canle de Lira, no porto de Portocubelo-Lira (expediente 12-37-13-C-1).

A Asociación Cultural Canle de Lira solicita a concesión administrativa de ocupación da lonxa vella de Portocubelo, para almacén de embarcacións tradicionais, con base na memoria descritiva das actividades da asociación e dos labores de conservación e reparación dunha embarcación tradicional e no plano de localización e superficies.

O que se fai público, para os efectos previstos no artigo 85 do Real decreto lexislativo 2/2011, do 5 de setembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de portos do Estado e da mariña mercante (BOE núm. 253, do xoves 20 de outubro), para que as persoas e entidades interesadas poidan examinar o expediente e presentar por escrito as alegacións que consideren oportunas nas oficinas da Zona Centro de Portos de Galicia, situadas na rúa Alférez Provisional 5-1º, 15006 A Coruña, no prazo de vinte (20) días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación do presente anuncio no Diario Oficial de Galicia. A documentación está á disposición na web www.portosdegalicia.com

A Coruña, 13 de outubro de 2014

Lorena Solana Barjacoba
Enxeñeira xefa da Zona Centro de Portos de Galicia