Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 240 Martes, 16 de decembro de 2014 Páx. 51291

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural e do Mar

CÉDULA do 24 de novembro de 2014, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se fai pública unha relación de notificacións de resolucións de expedientes sancionadores (Pesan 1 2014/000046-2 e Pesan 1 2014/000130-2).

Segundo o que dispón o artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE núm. 285, do 27 de novembro), notifícaselles ás persoas que a seguir se relacionan as resolucións dos expedientes instruídos por infracción da Lei 11/2008, do 3 de decembro, de pesca de Galicia, modificada pola Lei 6/2009, do 11 de decembro.

Os interesados dispoñen de dez días, contados desde o día seguinte a aquel en que se publique este edicto, para examinaren o expediente e interpoñeren, dentro do prazo que en cada caso se estableza, o recurso pertinente.

Os expedientes relacionados a seguir atópanse á disposición dos interesados na citada Xefatura Territorial de Lugo, na Xefatura de Coordinación da Área do Mar, sita na avenida Ramón Canosa, s/n, 27863 Viveiro.

Nº de expediente: Pesan 1 2014/000046-2.

Denunciado: Roberto Fernández Orjales.

DNI: 32707815K.

Enderezo: rúa O Vieiteiro, 33, Valdoviño.

Precepto infrinxido: artigo 137.B.2.

Sanción: 151 euros.

Nº de expediente: Pesan 1 2014/000130-2.

Denunciado: Ignacio López Díaz Merry.

DNI: 47285054K.

Enderezo: rúa José Fentanes, 89, 3º D, Madrid.

Precepto infrinxido: artigo 136.D.1.

Sanción: 30 euros.

Segundo o que se prevé na Orde da Consellería de Economía e Facenda do 23 de novembro de 2001 (DOG núm. 235, do 5 de decembro), os importes das ditas sancións deberán ser aboados nos prazos que establece o artigo 62.2 da Lei 58/2003, do 17 de decembro, xeral tributaria, ou en caso contrario procederase, sen máis trámite, ao seu cobramento pola vía de constrinximento regulamentaria. Para pagar en período voluntario, os interesados deberán recoller na dita xefatura territorial da Consellería do Medio Rural e do Mar o documento de ingreso correspondente.

Se cumpren os requisitos previstos no artigo 151 da Lei 11/2008, do 3 de decembro, poderán solicitar, no prazo dun mes contado desde que a resolución sexa firme, a suspensión condicional da execución da sanción imposta, mediante escrito motivado en que manifesten o compromiso de se ateren ás condicións que para o seu outorgamento se establezan, co fin de garantir, durante o prazo de suspensión, un comportamento de respecto á normativa reguladora da actividade pesqueira.

Lugo, 24 de novembro de 2014

José Ramón Losada Fernández
Xefe territorial de Lugo