Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 240 Martes, 16 de decembro de 2014 Páx. 51262

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (201/2014).

Ana María Navarro Gómez, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fai saber que no procedemento despedimento/cesamentos en xeral 201/2014 deste xulgado do Social, seguido por instancia de Manuel Cao Collazo contra Dado Dadá, S.L., Auditorio de Galicia, Fondo de Garantía Salarial (Fogasa), sobre ordinario, se ditou sentenza nº 457 cuxo encabezamento e resolución son do teor literal seguinte:

«Sentenza

A Coruña, 13 de novembro de 2014.

Vistos por Montserrat Matos Salgado, maxistrada xuíza substituta do Xulgado do Social número 3 de Reforzo de Santiago de Compostela e o seu partido, os presentes autos de xuízo nº 201/2014 e acumulado xuízo nº 459/2014, seguidos por instancia de Manuel Cao Collazo, que comparece asistido polo letrado Sr. Campos Nieto, contra a empresa Dado Dadá, S.L., que non comparece malia estar citada en legal forma, e contra Auditorio de Galicia, que comparece representado polo letrado Sr. González-Concheiro Álvarez, e o Fogasa, que non comparece malia estar citado en legal forma, sobre resolución contractual e despedimento.

(…)

Resolución:

Primeiro. Que debo estimar e estimo a demanda sobre despedimento formulada por Manuel Cao Collazo, que comparece asistido polo letrado Sr. Campos Nieto, contra a empresa Dado Dadá, S.L., que non comparece malia estar citado en legal forma, e contra Auditorio de Galicia, que comparece representado polo letrado Sr. González-Concheiro Álvarez, e o Fogasa, que non comparece malia estar citado en legal forma, e declaro a improcedencia do despedimento, con condena das codemandadas a que readmitan inmediatamente o traballador nas mesmas condicións que rexían antes de se producir o despedimento, ou ben, a elección das empresas, á extinción da relación laboral con aboamento da indemnización detallada no número segundo desta resolución. Todo isto con aboamento, no caso de opción pola readmisión, dos salarios de tramitación que non percibise ata a data da notificación da presente sentenza.

Esta opción deberase exercer en 5 días a partir da notificación desta sentenza, mediante escrito ou comparecencia ante este xulgado. Transcorrido este termo sen que se optase, entenderase que procede a readmisión.

Segundo. A indemnización e os salarios de tramitación que deberán aboar solidariamente a empresa codemandada Dado Dadá, S.L. e o Auditorio de Galicia, segundo o disposto no número anterior:

– En concepto de indemnización, e de optar a empresa por ela: 41.587,50 euros.

– En concepto de salarios de trámite, para o caso de opción pola readmisión, os deixados de percibir desde a data do despedimento (24.4.2014) e ata a presente sentenza, calculados a razón de 50,00 euros/ día.

No que se refire á responsabilidade do Fogasa, deberase aplicar o disposto no artigo 33 do ET.

Notifíquese esta sentenza ás partes. Advírtese que contra ela poderán interpor recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza, que deberá ser anunciado por comparecencia, ou mediante escrito neste xulgado dentro dos cinco días seguintes ao da notificación desta sentenza, pasados os cales se declarará firme e se arquivará. Advírtase igualmente o recorrente que non sexa traballador ou beneficiario do réxime público de Seguridade Social, ou habente causa seu, ou que non teña recoñecido o beneficio de xustiza gratuíta, que deberá depositar a taxa establecida na Lei 10/2012, do 20 de novembro.

Así, por esta miña sentenza, definitivamente xulgando en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo, Montserrat Matos Salgado, maxistrada-xuíza substituta do Xulgado do Social número 3 de Reforzo de Santiago de Compostela».

E para que sirva de notificación en legal forma a Dado Dadá, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia e a súa publicación no taboleiro do xulgado.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás no suposto da comunicación das resolucións que sexan autos ou sentenzas, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 25 de novembro de 2014

A secretaria xudicial