Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 240 Martes, 16 de decembro de 2014 Páx. 51269

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 19 de novembro de 2014, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa previa e de construción dunha instalación eléctrica no concello de Curtis (expediente IN407A 2014/177-1).

Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro (BOE nº 310), do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa previa e de construción da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: avda. de Arteixo, nº 171, 15007 A Coruña.

Denominación: adecuación CT Couceiros (expediente 15796).

Situación: Curtis.

Características técnicas:

Adecuación da liña eléctrica de media tensión aérea ao CT Couceiros (expediente 15.796) a 15/20 kV, cunha lonxitude de 88 m, coa orixe en apoio de formigón existente nº 18 da LMTA SDG-708, condutor tipo LA 110 mm2, e final en apoio existente de formigón dobre HV 12/2 en K nº 19 da LMTA SDG-708.

Adecuación da liña eléctrica de media tensión aérea derivación a CES-705 a 15/20 kV, cunha lonxitude de 51 m, coa orixe en apoio de formigón que se instalará na LMT SDG-708, condutor tipo LA 56 mm2, e final en apoio existente de formigón da LMT derivación a CES-705.

Liña de media tensión soterrada a CT Couceiros, a 15/20 kV, cunha lonxitude de 34 m, coa orixe en paso aéreo soterrado en apoio de formigón que se instalará HVH-15/1600 da LMTA SDG-708, condutor tipo RHZ1-20L 12/20 kV 3(1×240 mm2 Al), e final no mesmo apoio tras realizar entrada e saída nas celas de liña que se instalará no centro de transformación proxectado.

Liña de media tensión soterrada derivación a CES-705, a 15/20 kV, cunha lonxitude de 17 m, con orixe en cela de liña que se instalará no centro de transformación proxectado, condutor tipo RHZ1-20L 12/20 kV 3 (1×240 mm2 Al), e final en paso aéreo-soterrado en apoio de formigón que se instalará HVH 16/1600 da LMTA SDG-708.

Centro de transformación prefabricado Couceiros, cunha potencia de 100 kVA, e unha relación de transformación de 15.000/400-230 V.

Rede de baixa tensión soterrada do CT Couceiros, con orixe no cadro de baixa tensión do CT proxectado, cunha lonxitude de 12 m, en condutor XZ1.

Adecuación da liña de baixa tensión aérea do CT Couceiros, con orixe no paso aéreo soterrado en apoio do formigón que se instalará tipo HV 11/630, a 2 metros do CT proxectado, cunha lonxitude de 55 m, en condutor RZ.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o expediente e presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, sita na rúa Vicente Ferrer, 2-2ª planta, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días, a partir do día seguinte ao da última publicación da presente resolución.

A Coruña, 19 de novembro de 2014

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña