Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 240 Martes, 16 de decembro de 2014 Páx. 51266

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 17 de novembro de 2014, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa previa e declaración de utilidade pública dunha instalación eléctrica no concello de Ferrol (expediente IN407A 2014/171-1).

Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (BOE núm. 310, do 27 de decembro), e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE núm. 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa previa e declaración de utilidade pública, en concreto, da instalación eléctrica que se describe:

Expediente: IN407A 2014/171-1.

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: avenida de Arteixo, 171, 15007 A Coruña.

Denominación: reforma LMT SMR-706 derivada Vispón-San Cristovo.

Situación: concello de Ferrol.

Características técnicas:

– Liña eléctrica de media tensión aérea derivada Vispón a 15/20 kV, cunha lonxitude de 2.392 m, con orixe no CT Vispón (expediente 29.493), condutor tipo LA-110/116,2 mm2 e final en apoio nº 14 existente para substituír por un novo apoio tipo C-24/9000 da LMT SMR-706, onde se realizará a derivada ao CT San Cristovo (expediente 27.190).

– Liña eléctrica de media tensión aérea derivada ao novo CT Martín a 15/20 kV, cunha lonxitude de 6 m, con orixe no apoio nº 7 existente para substituír por un novo apoio tipo C-20/1.000 da LMT SMR-706, onde está situado actualmente o CT Martín (expediente 27.190) para retirar, condutor tipo LA-56/54,6 mm2, e final no novo CT San Martín (proxectado).

– Liña eléctrica de media tensión aérea derivada a novo CT San Cristovo, a 15/20 kV, cunha lonxitude de 203 m, con orixe no apoio nº 14 existente para substituír por novo apoio tipo C-24/9.000 da LMT SMR-706, onde se realizará a derivada ao CT San Cristovo (expediente 27.190) condutor LA-56/54,6 mm2 e final no novo CT San Cristovo (proxectado).

– Novo centro de transformación intemperie Martín, cunha potencia de 50 kVA e unha relación de transformación de 15,000/400-230V.

– Novo centro de transformación intemperie San Cristovo, cunha potencia de 50 kVA e unha relación de transformación de 15.000/400-230 V.

A relación concreta e individualizada dos bens e dereitos afectados que se considera de necesaria expropiación figura no anexo que se insire xunto con esta resolución.

A declaración de utilidade pública, segundo o artigo 56 da Lei 24/2013, do sector eléctrico, levará implícita, en todo caso, a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e implicará a urxente ocupación para os efectos do artigo 52 da Lei do 16 de decembro de 1954, de expropiación forzosa.

Esta publicación faise igualmente para os efectos do artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, cando os titulares dos terreos propostos sexan descoñecidos, se ignore o lugar de notificación ou ben, intentada a notificación, non se puidese realizar, e deste xeito dirixir ao Ministerio Fiscal as dilixencias que se produzan sobre eles, de conformidade co artigo 5 da Lei do 16 de decembro de 1954, sobre expropiación forzosa.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o expediente e presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, sita na rúa Vicente Ferrer, 2, 2º andar, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días, a partir da última publicación ou notificación individual.

A Coruña, 17 de novembro de 2014

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña

Anexo

Expediente: IN407A 2014/171-1.

Proxecto: reforma LMT SMR-706 derivada Vispón-San Cristovo.

Relación de propietarios, bens e dereitos afectados:

Predio nº

Lugar

Cultivo

Nome propietario

Apoio

1

O Alto

Monte alto

Empresa Nacional Bazán de Construcciones Navales y Militares, S.A.

Núm. 1: 2.0 m2

9

Ao lado da Cortiña

Monte alto

Modesto Vieites García

Núm. 9: 2.0 m2

10

O Ferreiro

Monte alto

Descoñecido

Núm. 10: 2.0 m2

11

O Ferreiro

Monte alto

Descoñecido

Núm. 11: 2.0 m2

13/1

Teixoeiras

Monte alto

Carmen López Fernández e outra

13/1 (SX): 9.0 m2