Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 240 Martes, 16 de decembro de 2014 Páx. 51238

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

RESOLUCIÓN do 10 de decembro de 2014, do tribunal designado para cualificar o proceso selectivo para o ingreso no corpo de xestión da Administración da Xunta de Galicia, subgrupo A2, escala técnica de finanzas, convocado pola Orde do 16 de xullo de 2013 (Diario Oficial de Galicia número 140, do 24 de xullo), pola que se dá publicidade de diversos acordos.

En sesión que tivo lugar o día 10 de decembro de 2014, o tribunal nomeado pola Orde do 7 de abril de 2014 para cualificar o proceso selectivo para o ingreso no corpo de xestión da Administración da Xunta de Galicia, subgrupo A2, escala técnica de finanzas, acordou:

Primeiro. Modificar de oficio as puntuacións obtidas por dous (2) aspirantes no terceiro exercicio do proceso selectivo, que quedan como segue:

Apelidos e nome

DNI

Nota cuestións

Nota temas

Total

Balo Rodríguez, Rubén

44848859D

8,75

12,80

21,55

Lozano del Río, Ana

34893479H

11,59

11,96

23,55

Segundo. De acordo co establecido na base II.1.1.4 da orde da convocatoria, convocar a Claudia Martínez Serván, con DNI 80081206J, que non acreditou en prazo posuír o Celga 4, curso de perfeccionamento de galego ou equivalente, debidamente homologado polo órgano competente en materia de política lingüística da Xunta de Galicia, de acordo coa disposición adicional segunda da Orde do 16 de xullo de 2007, pola que se regulan os certificados oficiais acreditativos dos niveis de coñecemento da lingua galega (publicada no DOG número 146, do 30 de xullo), para a realización do cuarto exercicio do proceso selectivo que terá lugar na sala D do Edificio Administrativo San Caetano, en Santiago de Compostela, o día 18 de decembro de 2014, en chamamento único que se iniciará ás 16.00 horas.

A aspirante deberá ir provista de DNI ou documento fidedigno acreditativo da súa identidade, a xuízo do tribunal, e bolígrafo azul.

Non se permitirá o acceso ao recinto onde se realizará o exercicio con teléfonos móbiles, axendas electrónicas, reloxos intelixentes ou calquera outro instrumento de que se poidan valer os aspirantes para auxiliarse na realización do exercicio. Non se habilitará no recinto ningún servizo de recollida de móbiles.

Terceiro. Contra este acordo poderá interpoñerse recurso de alzada segundo o previsto nos artigos 114 e seguintes da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Santiago de Compostela, 10 de decembro de 2014

Víctor Martínez Lago
Presidente de tribunal