Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 239 Luns, 15 de decembro de 2014 Páx. 51110

III. Outras disposicións

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

RESOLUCIÓN do 27 de novembro de 2014, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, pola que se lle dá publicidade a unha encomenda de xestión, para o ano 2015, á Empresa Pública de Servizos Agrarios Galegos, S.A. (Seaga), confinanciada polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, nunha porcentaxe máxima dun 80 % no marco do programa operativo Feder Galicia 2007-2013 (POtema 3.44).

missing image file

1. Encomenda de xestión relativa ao servizo de recollida e valorización dos residuos de plásticos agrícolas dos concellos adheridos ao Plan de retirada de plásticos agrícolas da Xunta de Galicia, cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional nun máximo dun 80 % no marco do programa operativo Feder Galicia 2007-2013. Tema prioritario 3.44.

– Actividade: recollida e valoración dos residuos plásticos agrícolas dos concellos adheridos ao Plan de retirada de plásticos agrícolas da Xunta de Galicia.

– Natureza e alcance da xestión encomendada: esta encomenda ten natureza intersubxectiva ao ter Seaga a consideración de medio instrumental da Administración, segundo o disposto no punto 2 do artigo 1 da instrución conxunta das consellerías de Economía e Facenda e do Medio Rural, sobre o réxime das encomendas á Empresa Pública de Servizos Agrarios Galegos, S.A., do 19 de marzo de 2007.

– Prazo de vixencia: o período de execución comeza o 2 de xaneiro de 2015 e rematará o 31 de decembro de 2015.

– Tipo de tramitación do expediente: anticipado de gasto. Dado que a execución deste servizo se prevé exclusivamente en anualidades posteriores ao presente exercicio (ano 2015), a súa eficacia queda sometida á condición suspensiva da existencia de crédito adecuado e suficiente para financiar as obrigas derivadas deste, de conformidade co establecido na Orde da Consellería de Economía e Facenda do 11 de febreiro de 1998 sobre tramitación anticipada de expedientes de gasto, modificada polas ordes da Consellería de Economía e Facenda, do 27 de novembro de 2000 e do 25 de outubro de 2001.

– Modalidade de financiamento: esta encomenda financiase nun 80 %, a través Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, no marco do programa operativo Feder Galicia 2007-2013, encadrándose no tema prioritario 3.44, xestión de residuos domésticos e industriais.

Santiago de Compostela, 27 de novembro de 2014

José Antonio Fernández Vázquez
Secretario xeral técnico da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas