Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 239 Luns, 15 de decembro de 2014 Páx. 51170

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Sanidade

CÉDULA do 17 de novembro de 2014, da Xefatura Territorial de Ourense, pola que se notifica o acordo de inicio do expediente sancionador 2014124TA-OU, incoado por infraccións en materia sanitaria.

Con data 9 de outubro de 2014 a xefa territorial da Consellería de Sanidade de Ourense acordou o inicio do expediente sancionador 2014124A-OU a Iglesias Blanco, José Alberto, DNI 76726856Y, titular do Café Bar Dos Amigos, con domicilio na rúa San Martiño, 32400 Ribadavia (Ourense).

Intentada a notificación deste acordo segundo o disposto no artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, e ao non ser posible a súa práctica, por medio da presente cédula e segundo o disposto no número 5 do referido artigo, notifícaselle a Iglesias Blanco, José Alberto, DNI 76726856Y, titular do Café Bar Dos Amigos, o contido do referido acordo de inicio que figura como anexo para que poida ter coñecemento del.

Así mesmo, fáiselle saber o dereito que o asiste, ao abeiro do disposto no número 1 do artigo 19 do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto, polo que se aproba o Regulamento para o exercicio da potestade sancionadora, para presentar alegacións ante esta xefatura territorial no prazo 15 días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación da presente cédula, e lémbraselle o seu dereito a consultar o expediente, depositado nas dependencias desta xefatura territorial, sita na avenida de Zamora, 13, Ourense, e obter, de ser o caso, copia del, segundo o previsto na letra a) do artigo 35 da citada Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Advírteselle que, no caso de non efectuar alegacións sobre o contido de dito acordo no mencionado prazo, o acordo de inicio considerarase proposta de resolución cando conteña un pronunciamento preciso sobre a responsabilidade imputada, cos efectos previstos nos artigos 18 e 19 do Real decreto 1398/1993.

A presente cédula expídese para que conste e lle sirva de notificación ao interesado, en cumprimento do disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Ourense, 17 de novembro de 2014

María Villar Suárez
Xefa territorial de Ourense

ANEXO

Nº de expediente: 2014124TA-OU.

Interesado: Iglesias Blanco, José Alberto, titular do Café Bar Dos Amigos.

DNI/NIF/CIF: 76726856Y.

Último enderezo coñecido: rúa San Martiño, 32400 Ribadavia (Ourense).

Feito imputado: infracción da lexislación aplicable en materia sanitaria.

Preceptos infrinxidos: Lei 28/2005, do 26 de decembro.

Tipificación: grave.

Sanción imposta: seiscentos un euros (601 €).