Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 239 Luns, 15 de decembro de 2014 Páx. 51168

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Sanidade

CÉDULA do 14 de novembro de 2014, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se notifica o acordo de inicio do expediente sancionador 2014134AL-LU por infraccións en materia sanitaria.

Con data do 29 de outubro de 2014, a xefa territorial da Consellería de Sanidade de Lugo ditou acordo de inicio do expediente sancionador 2014134AL-LU, incoado a Jorge Luis González Ordóñez, titular do establecemento Restaurante La Caracola.

Intentada a notificación deste acordo segundo o disposto no artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, e ao non ser posible a súa práctica, por medio desta cédula e ao abeiro do disposto no número 5 do referido artigo, notifícaselle a Jorge Luis González Ordóñez, titular do establecemento Restaurante La Caracola, o contido do referido acordo, que figura como anexo, para que poida ter coñecemento del.

Así mesmo, fáiselle saber o dereito que o asiste, ao abeiro do disposto no número 1 do artigo 16 do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto, polo que se aproba o Regulamento para o exercicio da potestade sancionadora, para presentar alegacións ante esta xefatura territorial no prazo de 15 días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación da presente cédula, e lémbraselle o seu dereito a consultar o expediente, depositado nas dependencias desta xefatura territorial, sita na rúa Montevideo, nº 9, Lugo, e a obter, de ser o caso, copia del, segundo o previsto na letra a) do artigo 35 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Advírteselle tamén que, de non efectuar alegacións sobre o contido do dito acordo no citado prazo, o acordo de inicio poderá ser considerado proposta de resolución cando conteña un pronunciamento preciso acerca da responsabilidade imputada, cos efectos previstos nos artigos 18 e 19 do citado regulamento.

Esta cédula expídese para que conste e lle sirva de notificación ao interesado, en cumprimento co disposto no artigo 59.5 da xa citada Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Lugo, 14 de novembro de 2014

Patricia Daporta Padín
Xefa territorial de Lugo

ANEXO

Nº de expediente: 2014134AL-LU.

Interesado: Jorge Luis González Ordóñez, titular do establecemento Restaurante La Caracola.

NIF: X4644226C.

Último enderezo coñecido: rúa Emilia Pardo Bazán, nº 12, 27780 Foz.

Feitos imputados: infracción da lexislación aplicable en materia sanitaria.

Preceptos presuntamente infrinxidos:

– Artigos 5.1 e 5.4 do Regulamento (CE) nº 852/2004 do Parlamento Europeo e do Consello, do 29 de abril de 2004, relativo á hixiene dos produtos alimenticios (DOUE nº 139, do 30 de abril).

– Artigos 10.1 e 10.2 do Real decreto 3484/2000, do 29 de decembro, polo que se establecen as normas de hixiene para a elaboración, distribución e comercio de comidas preparadas (BOE nº 11, do 12 de xaneiro de 2001).

– Artigo 51.1, parágrafo 10º da Lei 17/2011, do 5 de xullo, de seguridade alimentaria e nutrición (BOE nº 160, do 6 de xullo).

Tipificación provisional: leve.

Sanción proposta: seiscentos euros (600,00 €).