Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 236 Mércores, 10 de decembro de 2014 Páx. 50732

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Santiago de Compostela

ANUNCIO de información pública da modificación puntual do Plan xeral de ordenación municipal na rúa das Penas, número 9 C, Aríns.

O Pleno da corporación, na sesión ordinaria que tivo lugar o día 31 de outubro de 2014, adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

«a) Aprobar inicialmente a modificación puntual do Plan xeral de ordenación municipal na rúa das Penas, número 9 C, Aríns, segundo o proxecto presentado por Álvaro Menéndez de Luarca Ballesteros.

O proxecto que se somete a aprobación inicial figura integrado pola seguinte documentación:

– Memoria presentada o 27 de xuño de 2014.

– Plano de ordenación resultante presentado o 11 de xullo de 2014.

– Plano e relación identificativa de propiedades afectadas e lindeiras presentados o 11 de xullo de 2014.

b) En aplicación do procedemento regulado polo artigo 85.2 da LOUG, a modificación inicialmente aprobada someterase a información pública durante o prazo de dous meses, mediante anuncios que para o efecto se publicarán no Diario Oficial de Galicia e en dous xornais dos de maior circulación na provincia. Simultaneamente outorgarase audiencia aos municipios limítrofes.

c) A aprobación inicial determina automaticamente, por aplicación do disposto polo artigo 77.2 da LOUG, a suspensión do outorgamento das licenzas que poidan resultar incompatibles coa nova ordenación proposta, durante o prazo máximo de dous anos, contado desde a aprobación inicial».

O que se publica, co fin de que, durante o prazo de dous meses, contado a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia e en dous xornais dos de maior circulación na provincia, os interesados poidan consultar o expediente no Servizo de Planeamento e Xestión e formular as alegacións que xulguen oportunas.

Santiago de Compostela, 1 de decembro de 2014

Teresa María Gutiérrez López
Concelleira delegada da Área de Desenvolvemento Urbano e Sustentable