Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 236 Mércores, 10 de decembro de 2014 Páx. 50616

III. Outras disposicións

Consellería do Medio Rural e do Mar

CORRECCIÓN de erros. Orde do 6 de xuño de 2014 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas con carácter compensatorio aos produtores de moluscos pola suspensión temporal da colleita de moluscos cultivados durante o período de programación 2007-2013, cofinanciadas co Fondo Europeo da Pesca nun 75 %, e se convoca para o exercicio 2014 o devandito procedemento.

Advertidos erros na dita orde, publicada no Diario Oficial de Galicia número 118, do 23 de xuño de 2014, cómpre facer as oportunas correccións:

Na páxina 28.342, no artigo 3.3, onde di «3. As axudas contarán con financiamento do FEP dun 75 % e do Estado membro dun 25 %», debe dicir: «3. Os importes fixados en cada convocatoria, así como as aplicacións a que se imputen, poderán ser ampliados con fondos incorporados e remanentes adicionais, así como procedentes de modificacións orzamentarias, sen que iso dea lugar á apertura dun novo prazo de presentación de solicitudes, salvo indicación expresa en contrario na orde que se publique para o efecto. As axudas contarán con financiamento do FEP dun 75 % e do Estado membro dun 25 %».