Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 235 Martes, 9 de decembro de 2014 Páx. 50522

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

RESOLUCIÓN do 2 de decembro de 2014 pola que se anuncia a licitación, polo trámite ordinario da licitación e anticipado de gasto, e polo procedemento aberto documentalmente simplificado con varios criterios de adxudicación, para a contratación non suxeita a regulación harmonizada da execución das obras públicas hidráulicas de clave OH.315.999 e dúas máis, cofinanciadas nun 80 % pola Unión Europea a través do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) no marco do programa operativo Feder Galicia 2007-2013.

missing image file

1. Entidade adxudicadora: datos xerais e datos para a obtención da información.

a) Organismo: Augas de Galicia.

b) Dependencia que tramita o expediente: Contratación.

c) Tipo de contrato: obra.

d) Obtención de documentación e información.

1º. Lugares de obtención do prego de cláusulas administrativas particulares (que inclúe o cadro de características do contrato), da documentación técnica e da demais información que proceda:

– Enderezo da internet do perfil do contratante:

http://www.contratosdegalicia.es/consultaOrganismo.jsp?N=216

Tamén se terá acceso ao perfil do contratante desde a Plataforma de Contratos Públicos de Galicia a través de http://www.xunta.es e desde a Plataforma de Contratación do Sector Público https://contrataciondelestado.es por medio de enlaces de interese ás plataformas de contratación das comunidades autónomas e na páxina web http://www.augasdegalicia.xunta.es

– Augas de Galicia na rúa Doutor Maceira, nº 18, 15706 Santiago de Compostela (A Coruña), teléfonos: 981 95 74 01/27, fax: 981 95 74 03/881 99 96 94 e correo electrónico: contratacion.epaugasdegalicia@xunta.es

– A copistaría Copynino na rúa Feáns, nº 19, Santiago de Compostela (A Coruña), teléfono e fax: 981 58 89 38.

2º. Data límite de obtención de documentación e información: coincide coa data límite de presentación de ofertas.

2. Obxecto dos contratos.

a) Descrición e lugar de execución: melloras no sistema de saneamento e depuración no concello de Neda. Neda (A Coruña).

Número de expediente: OH.315.999.

Orzamento base de licitación: importe neto: 446.326,38 euros. Importe total: 540.054,92 euros.

Prazo de execución (meses): seis.

Solvencia económica e financeira e solvencia técnica: acreditarase de conformidade co establecido no punto 5 deste anuncio. O licitador poderá acreditar a solvencia exixida, quedando eximido da presentación e xustificación desta, coa achega das clasificacións como empresa contratista de obras do grupo E, subgrupo 1, categoría d.

b) Descrición e lugar de execución: mellora da captación de augas en Vilamartín de Valdeorras. Vilamartín de Valdeorras (Ourense).

Número de expediente: OH.232.772.

Orzamento base de licitación: importe neto: 177.029,32 euros. Importe total: 214.205,48 euros.

Prazo de execución (meses): catro.

Solvencia económica e financeira e solvencia técnica: acreditarase de conformidade co establecido no punto 5 deste anuncio. O licitador poderá acreditar a solvencia exixida, quedando eximido da presentación e xustificación desta, coa achega das clasificacións como empresa contratista de obras do grupo E, subgrupo 1, categoría c.

c) Descrición e lugar de execución: renovación da rede de abastecemento nas Vendas da Barreira. Riós (Ourense).

Número de expediente: OH.232.795.

Orzamento base de licitación: importe neto: 124.478,15 euros. Importe total: 150.618,56 euros.

Prazo de execución (meses): tres.

Solvencia económica e financeira e solvencia técnica: acreditarase de conformidade co establecido no punto 5 deste anuncio. O licitador poderá acreditar a solvencia exixida, quedando eximido da presentación e xustificación desta, coa achega das clasificacións como empresa contratista de obras do grupo E, subgrupo 1, categoría c.

3. Tramitación e procedemento.

a) Tramitación: ordinaria da licitación e anticipada de gasto.

b) Procedemento: aberto con varios criterios de valoración e non suxeito a regulación harmonizada.

c) Criterios de adxudicación: os criterios de valoración enuméranse e detállanse coas súas puntuacións e ponderacións no prego de cláusulas administrativas particulares e no perfil do contratante.

4. Garantías exixidas.

a) Provisional: non se exixe en ningún dos contratos.

b) Definitiva: 5 % do orzamento base de licitación, IVE excluído, para cada un dos contratos.

5. Requisitos específicos do contratista.

Solvencia económica e financeira e solvencia técnica: a solvencia acreditarase polos medios establecidos nos artigos 75.1 a) e c) e 76 a) do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público, nos termos que se expresan na cláusula 6.1.4.1 do prego de cláusulas administrativas particulares, coa posibilidade de acreditar a dita solvencia mediante a xustificación da clasificación substitutiva desta indicada.

As empresas non españolas de Estados membros da Unión Europea non clasificadas en España deberán acreditar a solvencia nos termos que se expresan no parágrafo anterior.

6. Presentación das ofertas.

a) Data límite de presentación: 9 de xaneiro de 2015.

b) Modalidade de presentación: a establecida no prego de cláusulas administrativas particulares. As proposicións axustaranse estritamente aos modelos que se inclúen no citado prego. O procedemento é documentalmente simplificado en relación coa documentación que hai que presentar no sobre A.

c) Lugar de presentación: no rexistro de Augas de Galicia, na rúa Doutor Maceira, 18, 15706 Santiago de Compostela (A Coruña) nos días e horas hábiles de oficina (de luns a venres, e das 9.00 ás 14.00 horas). Tamén por correo, segundo o disposto no artigo 80.4 do regulamento xeral da Lei de contratos das administracións públicas; neste caso, o licitador deberá anunciarlle ao órgano de contratación, no mesmo día da imposición na oficina de Correos, mediante telegrama ou fax, a remisión da documentación para concorrer á licitación, así como xustificar a data de imposición do envío.

d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: dous meses, desde a apertura en acto público, segundo se indica no punto seguinte, das ofertas contidas no sobre B.

e) Admisión de variantes: non se admiten.

7. Apertura das ofertas.

a) Descrición: a apertura, comprobación e valoración separada do sobre A relativo á documentación acreditativa dos requisitos de aptitude para contratar e do sobre B cos elementos da oferta valorables de forma automática mediante a aplicación de fórmulas realizarase conforme o disposto no prego administrativo e na normativa de contratos do sector público.

b) Enderezo, localidade e código postal: Augas de Galicia na rúa Doutor Maceira, nº 18, 15706 Santiago de Compostela (A Coruña).

c) Data e hora: a apertura en acto público do sobre B terá lugar o 20 de xaneiro de 2015, ás 9.00 horas.

8. Gastos de publicidade: serán por conta dos licitadores seleccionados para ser adxudicatarios proporcionalmente aos orzamentos de licitación dos contratos.

9. Outras informacións.

– Cofinanciamento da Unión Europea: o obxecto dos contratos indicados no punto 2 anterior están cofinanciados polo Feder nun 80 %, no marco do programa operativo Feder Galicia 2007-2013, eixe prioritario de intervención 3. Ambiente, contorno natural, recursos hídricos e prevención de riscos. En concreto, a obra indicada coa letra a) encádrase no tema prioritario ou medida 46: tratamento de augas residuais. Actuación 3.46.2: mellora, ampliación e optimización das redes de colectores de saneamento e pluviais existentes, así como de emisarios e as obras indicadas coas letras b) e c) encádranse no tema prioritario ou medida 45: xestión e distribución de auga potable. Actuación 3.45.2: renovación, mellora, optimización e desenvolvemento de novas infraestruturas de abastecemento tales como presas, pequenos encoros, captacións, depósitos reguladores, estacións de tratamento de augas potables, redes de distribución e sistemas de automatización e control. Unha maneira de facer Europa.

– CPA e CPV (codificación do obxecto do contrato): as indicadas no cadro de características de cada contrato.

– Valor estimado de cada contrato: coincide co importe neto do orzamento base de licitación.

– Melloras e modificacións previstas: admítense melloras e prevese no contrato a posibilidade da súa eventual modificación á baixa nos termos expresados no prego de cláusulas administrativas particulares.

– Apertura e valoración das ofertas do sobre B: realizarase na data, a hora e o lugar sinalados neste anuncio. No caso de que sexa necesario modificar algún aspecto do acto sinalado, notificaráselles esta circunstancia aos licitadores presentados e farase pública no perfil do contratante.

– Publicidade de resultados: as datas e os resultados das aperturas dos sobres A e B, así como da adxudicación e formalización do contrato faranse públicas no perfil do contratante.

– Formalización do contrato: o contrato perfeccionarase coa súa formalización, que se efectuará no prazo previsto no cadro de características.

– Expediente anticipado de gasto: esta contratación está suxeita á condición suspensiva da existencia de crédito axeitado e suficiente para financiar as obrigas que dela derivan no exercicio correspondente.

Santiago de Compostela, 2 de decembro de 2014

P.D. (Resolución do 30.1.2012; DOG nº 21, do 31 de xaneiro)
Gonzalo Mosqueira Martínez
Director de Augas de Galicia