Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 235 Martes, 9 de decembro de 2014 Páx. 50528

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

CÉDULA do 17 de novembro de 2014 pola que se notifica a resolución do recurso potestativo de reposición interposto contra a Resolución do 9 de setembro de 2013 ditada no expediente número IU3/107/2012-R1, devolta polo servizo de Correos por resultar descoñecido o domicilio do destinatario.

A directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística ditou, o 29 de outubro de 2014, a resolución pola cal se desestima o recurso potestativo de reposición interposto por Luis Zas Cebral contra a Resolución do 9 de setembro de 2013 ditada pola directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, en relación coas obras consistentes na construción dunha vivenda unifamiliar de nova planta na aldea de Cerracín, parroquia de Mazoi, no termo municipal de Lugo.

Ao non poderse realizar a notificación persoal daquela resolución ao citado interesado, mediante esta cédula e ao abeiro do disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (LRXPAC), notifícaselle ao citado interesado a devandita resolución.

Tendo en conta que, en atención ao previsto no artigo 61 da LRXPAC, o acto non se publica na súa integridade, fáiselle saber ao interesado que o texto íntegro da resolución que se lle notifica se encontra ao seu dispor nas dependencias da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, sitas no Edificio Witland, 1º andar, Salgueiriños, en Santiago de Compostela, para a súa consulta no prazo de 10 días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación desta cédula. Transcorrido o devandito prazo, a notificación entenderase producida.

Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, o interesado poderá interpoñer recurso contencioso-administrativo, ante o xulgado do contencioso-administrativo en cuxa circunscrición radique o inmoble afectado, conforme o disposto no artigo 14.1.3ª da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte a aquel en que se producise a notificación, segundo o disposto no artigo 46.1 da citada lei.

Para que conste e lle sirva de notificación ao interesado, en cumprimento do disposto no artigo 59.5 da LRXPAC, expido e asino esta cédula.

Santiago de Compostela, 17 de novembro de 2014

María Martínez Allegue
Directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística