Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 235 Martes, 9 de decembro de 2014 Páx. 50541

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Galega de Infraestruturas

ANUNCIO do 20 de novembro de 2014 polo que se someten ao trámite de información pública os mapas estratéxicos de ruído de varias estradas da Rede Autonómica de Galicia da zona da Coruña Oeste-Costa da Morte.

A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, a través da Axencia Galega de Infraestruturas, está a promover a segunda fase dos mapas estratéxicos de ruído das vías pertencentes á Rede Autonómica de Estradas de Galicia. Estes mapas deséñanse para avaliar globalmente a exposición ao ruído nunha zona determinada debido á existencia de distintas fontes de ruído, realizar predicións globais para a dita zona e, así, mellorar a calidade acústica no noso contorno.

Por todo isto, e de conformidade co disposto na Lei 37/2003, do 17 de novembro, do ruído, no Real decreto 1367/2007, do 19 de outubro, polo que se desenvolve a citada lei, e no Real decreto 1038/2012, do 6 de xullo, polo que se modifica o real decreto anterior, sométense á información pública os mapas estratéxicos de ruído das estradas que a seguir se relacionan:

Estrada

Zona da Coruña Oeste-Costa da Morte

Treito/s

Clave

Concello/s

AG-55

A Coruña-Carballo

8+710 ao 36+130

AC/13/038.09.1

Carballo, A Laracha, Arteixo

AC-415

A Coruña-Sabón (AC-552)

5+070 ao 7+700

AC/13/038.09.2

Arteixo

AC-418

Carballo (AG-55)-Malpica de Bergantiños

0+000 ao 6+950

AC/13/038.09.3

Malpica de Bergantiños, Carballo

AC-523

Culleredo (A-6)-Meirama

0+000 ao 1+840

AC/13/038.09.4

Culleredo

AC-551

Saída 7 (AG-55)-Sabón (AC-552)

0+000 ao 1+260

AC/13/038.09.5

Arteixo

AC-552

A Coruña (A Grela)-Cee (AC-550)

0+000 ao 43+820

AC/13/038.09.6

Coristanco, Carballo, A Laracha, Arteixo, A Coruña

A duración da información pública será dun mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, período en que poderán ser examinados polas persoas que o desexen, co obxecto de formularen as correspondentes alegacións ou suxestións que consideren oportunas.

A exposición ao público, para os efectos do presente anuncio, realízase na Axencia Galega de Infraestruturas (San Caetano, s/n, 15781 Santiago de Compostela) e nas respectivas casas dos concellos. Así mesmo, na páxina web da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas (http://www.cmati.xunta.es/tema/c/Infraestruturas_Estradas), está á disposición dos interesados o documento completo de cada un dos treitos referenciados.

Por outra banda, as observacións deberán enviarse á Axencia Galega de Infraestruturas ou poderán ser remitidas a través do seguinte enderezo de correo electrónico: mapas-ruido.infraestruturas@xunta.es, indicando claramente a actuación á cal van dirixidas e os datos persoais (nome e apelidos, NIF/CIF, enderezo de notificación, nº de teléfono e enderezo de correo electrónico) da/s persoa/s interesada/s.

O que se fai público para xeral coñecemento, en cumprimento do disposto no artigo 14 da Lei 37/2003, do 17 de novembro, do ruído.

Santiago de Compostela, 20 de novembro de 2014

Francisco Menéndez Iglesias
Director da Axencia Galega de Infraestruturas