Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 235 Martes, 9 de decembro de 2014 Páx. 50515

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 17 de novembro de 2014, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa previa e de construción dunha instalación eléctrica no concello de Becerreá (expediente IN407A 2014/49-2, 8185 AT).

Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro (BOE núm. 310) do sector eléctrico, e no Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: A Batundeira, 2. 32960 Velle, Ourense.

Denominación: recuamento LMTA e CTI Ferreirós de Valboa.

Situación: concello de Becerreá.

Características técnicas:

– Liña de media tensión aérea a 20 kV ao centro de transformación Ferreirós de Valboa, con orixe nun apoio existente D60-14, pertencente á LMTA existente procedente da saída TTL816 (Becerreá 2) e final nun apoio proxectado no cal se instala o novo CTI, cunha lonxitude de 215 metros en condutor LA-56.

– Centro de transformación intemperie de Ferreirós de Valboa, cunha potencia de 50 kVA e unha relación de transformación de 20.000/400-230 V.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, no prazo de vinte días.

Lugo, 17 de novembro de 2014

Pilar Fernández López
Xefa territorial de Lugo