Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 235 Martes, 9 de decembro de 2014 Páx. 50516

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 17 de novembro de 2014, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa previa e de construción dunha instalación eléctrica no concello de Monforte de Lemos (expediente IN407A 2014/48-2, 8184 AT).

Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro (BOE núm. 310), do sector eléctrico, e no Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: A Batundeira, 2, 32960 Velle, Ourense.

Denominación: recuamento Ribas Altas.

Situación: concello de Monforte de Lemos.

Características técnicas: liña de media tensión aérea a 20 kV ao centro de transformación Ribas Altas (27C236) con orixe nun apoio existente na LMT MONF801 e final nun apoio proxectado na LMT MONF801, cunha lonxitude de 60 metros en condutor LA-56.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, no prazo de vinte días.

Lugo, 17 de novembro de 2014

Pilar Fernández López
Xefa territorial de Lugo