Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 235 Martes, 9 de decembro de 2014 Páx. 50507

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 13 de novembro de 2014, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización dunha instalación eléctrica no concello do Grove (expediente IN407A 2014/205-4).

Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: travesía de Vigo, 204, 36207 Vigo.

Denominación: nova alimentación CC.TT. Silva-Insuiña.

Situación: O Grove.

Características técnicas: LMT subterránea (actuación 1) a 20 kV con condutor tipo RHZ de 31 metros de lonxitude, con orixe na arqueta proxectada, enlazando coa VLG808 O Grove e final no CT Silva 36CBD9. LMT subterránea (actuación 2) a 20 kV con condutor tipo RHZ de 73 metros de lonxitude, con orixe no CT Silva e final no paso aéreo que se realizará no apoio existente que deriva ao CT Insuiña 36PE65. Reforma do centro de transformación Silva. A instalación está situada en Ardia, O Grove.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial; Edificio Administrativo na avenida Fernández Ladreda, 43, 5º, no prazo de vinte días. Así mesmo, e durante o mencionado prazo, tamén se poderá examinar o proxecto da instalación.

Pontevedra, 13 de novembro de 2014

Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Pontevedra