Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 235 Martes, 9 de decembro de 2014 Páx. 50508

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 13 de novembro de 2014, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa previa e de construción dunha instalación eléctrica no concello da Coruña (expediente IN407A 2014/167-1).

Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro (BOE nº 310), do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa previa e de construción da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: avenida de Arteixo, nº 171, 15007 A Coruña.

Denominación: LMTS 15 kV CT 250 kVA na rúa San Andrés, 152.

Situación: A Coruña.

Características técnicas:

– Liña de media tensión soterrada, a 15/20 kV, cunha lonxitude de 2×101 m, con orixe en empalmes que se realizarán na LMTS SPV710, entre os centros de transformación praza de Pontevedra, nº 2 e praza de Pontevedra, nº 1, condutor tipo RHZ1, 12/20 kV.3 (1×240 Al), e final de liña unha vez entre e saia do centro de transformación proxectado.

– Centro de transformación non prefabricado, cunha potencia de 250 kVA, e unha relación de transformación de 15.000/400-230 V.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o expediente e presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, sita na rúa Vicente Ferrer, 2, 2º andar, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días, a partir do día seguinte ao da última publicación da presente resolución.

A Coruña, 13 de novembro de 2014

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña