Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 234 Venres, 5 de decembro de 2014 Páx. 50295

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Fondo Galego de Garantía Agraria

ANUNCIO do 20 de novembro de 2014 polo que se notifica o acordo de inicio do procedemento de reintegro relativo ao expediente de subvención 260/32/2008/230078.

De conformidade co disposto no artigo 59.5º e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, logo de intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícaselle á interesada que se sinala no anexo deste anuncio o acordo de inicio do procedemento de reintegro relativo ao expediente 260/32/2008/230078.

Consonte o previsto no artigo 77.2 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, a interesada dispón dun prazo de alegacións de quince días hábiles, contados desde a publicación do presente anuncio, para presentar os documentos e xustificacións que considere pertinentes.

Este anuncio remitirase, así mesmo, ao concello correspondente ao último enderezo coñecido da interesada, en aplicación do artigo 59.5 da Lei 30/1992, co obxecto de que proceda á súa publicación por medio dun anuncio no taboleiro de edictos.

Santiago de Compostela, 20 de novembro de 2014

Patricia Ulloa Alonso
Directora do Fondo Galego de Garantía Agraria

ANEXO

Expediente: 260/32/2008/230078.

Interesada: Amparo Otero Blanco.

Acto de notificación: acordo de inicio de procedemento de reintegro.

Último enderezo coñecido: Vilarello, 16, 32766 Castro Caldelas (Ourense).