Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 234 Venres, 5 de decembro de 2014 Páx. 50296

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Portos de Galicia

ACORDO do 14 de novembro de 2014, da Zona Sur, polo que se somete a información pública a solicitude presentada por Outros Adaxes, S.L., de modificación substancial da concesión administrativa de ocupación de instalacións de dominio público portuario para a explotación de zona de varada e foso de travelift para reparación de embarcacións no porto do Xufre (A Illa de arousa) (expediente 13-04-12-C1).

Alejandro Diéguez Pazos solicita, en nome e representación da entidade Outros Adaxes, S.L., a modificación substancial da concesión administrativa de ocupación de instalacións de dominio público portuario para a explotación de zona de varada e foso de travelift para a reparación de embarcacións, segundo o proxecto titulado: proxecto básico reformado de nave para reparación e mantemento de embarcacións no porto do Xufre, A Illa de Arousa (Pontevedra), redactado polo arquitecto Jesús M. Diéguez Pazos en outubro de 2014.

O que se fai público, para os efectos previstos no artigo 85.3 do Real decreto lexislativo 2/2011, do 5 de setembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de portos do Estado e da mariña mercante (BOE núm. 253, do 20 de outubro), para que as persoas e entidades interesadas poidan examinar o expediente e presentar por escrito as alegacións que consideren oportunas nas oficinas da Zona Sur de Portos de Galicia, sitas na rúa Víctor Saíd Armesto, 1, 1º, 36002 Pontevedra, no prazo de vinte (20) días hábiles, contados a partir do seguinte ao de publicación do presente anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Pontevedra, 14 de novembro de 2014

Mateo Ruibal Fernández
Enxeñeiro xefe da Zona Sur de Portos de Galicia