Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 234 Venres, 5 de decembro de 2014 Páx. 50227

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

CÉDULA do 11 de novembro de 2014, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se notifica o acordo do inicio de reintegro das axudas ao Programa das iniciativas emprendedoras e de emprego, reguladas na Orde do 30 de decembro de 2008 (Diario Oficial de Galicia número 11, do 16 de xaneiro de 2009), relativa ao expediente TR340K 2009/107-1 e tres máis.

No uso das competencias atribuídas a esta xefatura territorial, en virtude do disposto nos artigos 59 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, ao seren devoltas polo servizo de Correos as notificacións enviadas no seu día coas citadas resolucións, requírense as persoas citadas no anexo para que, no prazo de dez (10) días contados desde o seguinte ao da publicación desta cédula, comparezan persoalmente ou debidamente representadas, no Servizo de Traballo e Economía Social da Xefatura Territorial da Consellería de Traballo e Benestar da Coruña (rúa Salvador de Madariaga, 9-1º) das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para teren coñecemento do contido daquelas, advertíndolles que, de non facelo así, se considerarán notificadas cos efectos que correspondan.

Así mesmo, fáiselles saber o dereito que as asiste para faceren as alegacións e achegaren os documentos que xulguen máis convenientes aos seus intereses, nun prazo de quince (15) días hábiles que comezarán a contar a partir do día seguinte ao da publicación desta cédula no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 11 de novembro de 2014

María Pilar Caridad Alonso
Xefa territorial da Coruña

ANEXO

Expediente: TR 340K 2009/107-1.

Nome: Viralata, S.L.

Último enderezo coñecido: rúa Tabernas, 14, 1º C,15001 A Coruña.

Feito imputado: non someterse ás actuacións de comprobación e control da Consellería de Traballo e Benestar.

Precepto infrinxido: o artigo 20.1.c) da Orde do 30 de decembro de 2008 pola que se establecen as bases reguladoras do Programa das iniciativas emprendedoras e de emprego, cofinanciado polo Fondo Social Europeo, e se procede á súa convocatoria para o ano 2009.

Contido da resolución: acordo do inicio de reintegro da axuda.

Expediente: TR 340K 2009/108-1.

Expediente: TR 340K 2009/99-1.

Nome: Punxín Retails, S.L.

Último enderezo coñecido: polígono industrial A Grela, Centro de Negocios BCA28, oficina 1-D8,15008 A Coruña.

Feito imputado: non someterse ás actuacións de comprobación e control da Consellería de Traballo e Benestar.

Precepto infrinxido: o artigo 20.1.c) da Orde do 30 de decembro de 2008 pola que se establecen as bases reguladoras do Programa das iniciativas emprendedoras e de emprego, cofinanciado polo Fondo Social Europeo, e se procede á súa convocatoria para o ano 2009.

Contido da resolución: acordo do inicio de reintegro da axuda.

Expediente: TR 340K 2009/1-1.

Nome: Ingafrigo, S.L.

Último enderezo coñecido: rúa Beiramar, 1, 2º esquerda,15001 A Coruña.