Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 234 Venres, 5 de decembro de 2014 Páx. 50231

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

CÉDULA do 11 de novembro de 2014, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se fai pública unha relación de notificacións de acordos de procedencia de reintegro de axudas do programa de transformación de contratos temporais en indefinidos, reguladas na Orde do 4 de maio de 2010 (Diario Oficial de Galicia número 86, do 7 de maio) relativa aos expedientes TR348B 2010/116-1 e tres máis.

Intentada a notificación das ditas resolucións segundo o disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, e non sendo posible a súa práctica, por medio desta cédula e segundo o disposto no número 5 do referido artigo e o establecido no artigo 61 do mesmo texto legal, notifícaselles aos interesados o contido das resolucións que figuran como anexo, para que poidan ter coñecemento del.

Estas resolucións poñen fin á vía administrativa e contra elas os interesados poden interpoñer recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses, que comezará a contar a partir do día seguinte ao da publicación desta cédula no Diario Oficial de Galicia, ante o órgano competente da xurisdición contencioso-administrativa. Así mesmo, con anterioridade e con carácter potestativo, poderán interpoñer recurso de reposición no prazo dun mes, que comezará a contar a partir do día seguinte ao desta publicación, ante esta xefatura territorial. Todo isto de conformidade co establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, e na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Lémbraselles tamén o seu dereito a consultar o expediente, depositado nas dependencias desta xefatura territorial, sitas na rúa Salvador de Madariaga, nº 9-1º, na Coruña, e a obter, se é o caso, copia da resolución, segundo o previsto na letra a) do artigo 35 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

A Coruña, 11 de novembro de 2014

Mª Pilar Caridad Alonso
Xefa territorial da Coruña

ANEXO

Nº de expediente: TR348B 2010/116-1.

Nome ou razón social: Disvalixa, S.L.

Último enderezo coñecido: rúa Santo Tomás, 8, 15002 A Coruña.

Feitos imputados: non presentar a documentación a que fai referencia a base sétima, punto 4, do anexo B da orde de convocatoria.

Preceptos infrinxidos: base sétima punto 4 do anexo B da orde de convocatoria e artigo 33.1, letra c), da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Contido da resolución: acordo da procedencia de reintegro.

Nº de expediente: TR348B 2010/245-1.

Nome ou razón social: Juan Carlos Muñoz Seijas.

Último enderezo coñecido: rolda de Outeiro, 418, baixo, 15011 A Coruña.

Feitos imputados: non presentar a documentación a que fai referencia a base sétima, punto 4, do anexo B da orde de convocatoria.

Preceptos infrinxidos: base sétima punto 4 do anexo B da orde de convocatoria e artigo 33.1, letra c), da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Contido da resolución: acordo da procedencia de reintegro.

Nº de expediente: TR348B 2010/595-1.

Nome ou razón social: Daniel Antelo Garrido.

Último enderezo coñecido: rúa Manuel Azaña, 12, 8º, 15011 A Coruña.

Feitos imputados: non presentar a documentación a que fai referencia a base sétima, punto 4, do anexo B da orde de convocatoria.

Preceptos infrinxidos: base sétima punto 4 do anexo B da orde de convocatoria e artigo 33.1, letra c), da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Contido da resolución: acordo da procedencia de reintegro.

Nº de expediente: TR348B 2010/715-1.

Nome ou razón social: Pinturas y Aplicaciones Marpins, S.L.

Último enderezo coñecido: rúa Pombales, 8, 1º A, 15142 Arteixo, A Coruña.

Feitos imputados: non manter no seu cadro de persoal fixo as persoas traballadoras contratadas ao abeiro deste programa durante un período mínimo de tres (3) anos. Non presentar a documentación a que fai referencia a base sétima, punto 4, do anexo B da orde de convocatoria.

Preceptos infrinxidos: base sétima puntos 1 e 4 do anexo B da orde de convocatoria.

Contido da resolución: acordo da procedencia de reintegro.