Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 233 Xoves, 4 de decembro de 2014 Páx. 50061

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (606/2011).

María Teresa Vázquez Abades, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber:

Que no procedemento ordinario 606/2011 deste xulgado do social, seguido por instancia de Juan Manuel Noal Vilaso contra Brauron, S.L., Fondo de Garantía Salarial, Eduardo Deben Probados, Exfoga, S.L., sobre ordinario, se ditou a seguinte resolución cuxa decisión expresa:

«Que estimando integramente a demanda interposta por Juan Manuel Noal Vilaso contra Exfoga, S.L. e Brauron, S.L. e Fogasa, debo condenar e condeno solidariamente as mercantís demandadas a que lle aboen ao demandante a suma de 995,46 euros polos conceptos desagregados no feito probado terceiro desta sentenza, máis os xuros por mora previstos no artigo 29.3 do ET respecto da dita cantidade.

No que atinxe á responsabilidade subsidiaria do Fogasa, debe observarse o que resulte do artigo 33 do ET, con notificación da presente resolución.

Notifíqueselles ás partes e ao Fogasa a presente resolución, facéndolles saber que fronte a esta non cabe recurso.

A anterior resolución entregarase ao secretario para a súa custodia e incorporación ao libro de sentenzas. Insírase nas actuacións por medio de testemuño.

Por esta a miña sentenza, xulgando definitivamente na primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que lle sirva de notificación en legal forma a Brauron, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 14 de novembro de 2014

A secretaria xudicial