Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 233 Xoves, 4 de decembro de 2014 Páx. 50104

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Turismo de Galicia

CÉDULA do 21 de novembro de 2014, da Área Provincial de Turismo de Ourense, pola que se notifica a incoación dos expedientes sancionadores OU-S-90/2014 e OU-S-91/2014 por infraccións en materia de turismo.

De conformidade co disposto no artigo 59.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE nº 285, do 27 de decembro), modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro (BOE nº 12, do 14 de xaneiro) notifícaselles ás persoas que a continuación se relacionan a incoación dos expedientes sancionadores OU-S-90/2014 e OU-S-91/2014, xa que, intentada polos medios habituais, non puideron practicarse.

Dispoñen dun prazo de quince (15) días para presentar ante a instrutora do procedemento alegacións, documentos e informacións que consideren convenientes, así como propoñer que se practiquen os medios de proba de que pretenda valerse.

Expediente: OU-S-90/2014.

Titular sancionado: El Rancho, S.C.

Establecemento: Club El Rancho.

Domicilio: nacional 532, km 11, Mandín.

Localidade: Oímbra.

Incoación: 4 de novembro de 2014.

Precepto infrinxido: artigo 109.2.a) e 109.2.b) da Lei 7/2011, do 27 de outubro, de turismo de Galicia.

Expediente: OU-S-91/2014.

Titular sancionado: María Consuelo Mihai.

Establecemento: Club Os Corzos.

Domicilio: nacional 525, km 165.

Localidade: Verín.

Incoación: 4 de novembro de 2014.

Precepto infrinxido: artigo 109.2.c) da Lei 7/2011, do 27 de outubro, de turismo de Galicia.

Ourense, 21 de novembro de 2014

Antonio Aguarón Turrientes
Xefe da Área Provincial de Turismo de Ourense