Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 233 Xoves, 4 de decembro de 2014 Páx. 50105

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Galego de Consumo

ANUNCIO do 20 de novembro de 2014, do Servizo de Consumo da Coruña, polo que se empraza a interesada para ser notificada por comparecencia no expediente 15R002/75/2014.

De conformidade co disposto no artigo 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, despois de intentada a notificación persoal, emprázase a interesada que se sinala no anexo para ser notificada por comparecencia.

O acto foi adoptado polo xefe territorial do Instituto Galego de Consumo.

A comparecencia deberá efectuarse no prazo de dez días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, ante o Servizo de Consumo da Coruña, con enderezo na praza Luís Seoane, s/n (Edificio Administrativo Monelos, 2ª andar, ala norte), A Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

A Coruña, 20 de novembro de 2014

P.V. (Artigo 12.3 do Decreto 184/2011; DOG núm. 189, do 3 de outubro)
Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña

ANEXO

Expediente: 15R002/75/2014.

Interesada: Reformas Amable, S.L.

Acto notificado: resolución de expediente.