Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 232 Mércores, 3 de decembro de 2014 Páx. 49958

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello da Estrada

ANUNCIO da aprobación inicial do Plan especial de infraestruturas e dotacións para a modificación da ordenación detallada do sistema xeral-dotacional-1 (estadio municipal).

Logo dos informes e trámites preceptivos, a Xunta de Goberno Local, na súa sesión do 3 de novembro de 2014, entre outros acordos, aprobou inicialmente o documento do Plan especial de infraestruturas e dotacións para a modificación da ordenación detallada do sistema xeral –dotacional– 1 (estadio municipal), redactado polo arquitecto municipal, Manuel Sanmartín Chao, con data do 22 de outubro de 2014.

O que se somete a trámite de información pública durante o prazo dun mes, computado a partir da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, sen prexuízo da súa publicación en sous xornais de gran difusión provincial, así como no taboleiro e na páxina web municipal.

Así mesmo, aprobou suspender o procedemento de outorgamento de licenzas urbanísticas (de parcelación de terreos, edificación e demolición ) no ámbito do territorio obxecto deste planeamento especial, cuxas novas determinacións supoñen a modificación da ordenación urbanística vixente. Esta suspensión determinada pola aprobación inicial terá unha duración máxima de dous anos, contados desde a dita aprobación, e en calquera caso, extinguirase coa aprobación definitiva do planeamento.

Para estes efectos, determínase expresamente a área afectada pola dita suspensión:

– Norte, estrada nacional 640.

– Sur, avenida da Torre.

– Leste, predio catastral 2565045NH4226S0000SY (SUND) e solo industrial LIDL (SUC).

– Oeste, predios catastrais 2565015NH4226S0001IU, 2565024NH4226S0001HU, 2565025NH4226S0001WU e 2565007NH4226N0001OX (SUC de edificación en bloque aberto).

missing image file

Finalmente, para o caso de que as persoas propietarias dos terreos afectados sexan descoñecidas, se ignore o lugar ou o medio para a constancia da recepción da notificación individualizada do citado acordo, ou ante un eventual intento infrutuoso daquela, simultaneamente procédese a notificar a través do presente anuncio a todas as persoas titulares que figuran no Catastro, segundo a relación recollida no plan especial:

– Herdeiros de Dolores Gestoso Tarrío (2565025NH4226S0001WU).

– Maximino Carracedo (2565024NH4226S0001HU).

– Marcelino Gestoso Tarrío (2565007NH4226N0001OX, 2565013NH4226S0001DU, e 2565014NH4226S0001XU).

– Unión Fenosa Distribución, S.A. (2565011NH4226N0001KX).

Este preceptivo trámite de información pública ten por obxecto que calquera persoa física ou xurídica poida examinar o procedemento e, de ser o caso, formular alegacións ou observacións. Lugar e horario de exhibición: Departamento de Urbanismo, 3º andar da Casa do Concello (de luns a venres, das 9.00 ás 14.00 horas, agás festivos).

A Estrada, 4 de novembro de 2014

José C. López Campos
Alcalde presidente