Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 232 Mércores, 3 de decembro de 2014 Páx. 49957

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello da Coruña

ANUNCIO de licitación (S-12/2014).

1. Entidade adxudicadora: Concello da Coruña. a) Dependencia: Servizo de Contratación. b) Número de expediente: S-12/2014.

2. Obxecto do contrato: arrendamento e mantemento de aseos químicos para diferentes puntos da cidade. Duración: catro anos prorrogables por dous máis.

3. Tramitación: ordinaria. Procedemento: aberto.

4. Orzamento base de licitación: 160.000,00 € anuais (IVE incluído).

5. Garantía provisional: non se exixe.

6. Obtención de documentación: web municipal (perfil do contratante): www.coruna.es. Información: a) Teléfono: 981 18 42 19. b) Fax: 981 18 42 71. c) Enderezo: praza de María Pita, 1-2º.

7. Requisitos específicos do contratista: véxase o prego de cláusulas administrativas.

8. Presentación de proposicións: a) Prazo: ata as 13.00 horas do día 17 de decembro de 2014. b) Documentación que hai que presentar: véxase o prego de cláusulas administrativas particulares. c) Lugar de presentación: Rexistro Xeral de Entrada.

9. Apertura de proposicións técnicas e económicas: a) Lugar: véxase o punto 6. b) Data e hora: publicarase no perfil do contratante.

10. Outras informacións: véxase o prego de cláusulas administrativas.

11. Gastos de anuncios: por conta do adxudicatario.

A Coruña, 12 de novembro de 2014

P.D.
Rosa Mª Gallego Neira
Tenente alcalde responsable de Facenda e Administración Pública