Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 232 Mércores, 3 de decembro de 2014 Páx. 49888

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Traballo e Benestar

ORDE do 18 de novembro de 2014 pola que se resolve a convocatoria para a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo vacante nesta consellería.

Convocada a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo vacante no Consello Galego de Relacións Laborais-Consellería de Traballo e Benestar, anunciada pola Orde do 17 de setembro de 2014 (Diario Oficial de Galicia núm. 198, do 16 de outubro), de conformidade co establecido no artigo 14 da Lei 5/2008, do 23 de maio, pola que se regula o Consello Galego de Relacións Laborais; co artigo 1 das normas relativas ao funcionamento do Consello Galego de Relacións Laborais aprobadas mediante Decreto 145/2008, do 17 de xullo; co artigo 33 do Regulamento interno de organización e funcionamento, aprobado pola Resolución do 23 de outubro de 2008, e tamén de conformidade co establecido no artigo 29.2 do Decreto lexislativo 1/2008, do 13 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei da función pública de Galicia, e no artigo 16 do Decreto 93/1991, do 20 de marzo, polo que se aproba o Regulamento de provisión de postos de traballo, promoción profesional e promoción interna, e en uso das atribucións conferidas polo artigo 17.4 da mesma lei, esta consellería

DISPÓN:

Primeiro. Resolver a convocatoria pública para a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo vacante no Consello Galego de Relacións Laborais, anunciada pola Orde do 17 de setembro de 2014 (Diario Oficial de Galicia núm. 198, do 16 de outubro).

Segundo. Adxudicar destino no posto de traballo que se indica e seleccionar a persoa funcionaria que se relaciona no anexo desta orde.

Terceiro. O cesamento no destino actual do funcionario que obtivo praza producirase no prazo de tres días hábiles, contados a partir do seguinte ao da data de publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

O prazo de toma de posesión do novo destino será de tres días hábiles a partir do seguinte ao do cesamento, de non haber cambio de residencia, ou de sete días hábiles se comporta cambio de residencia. Se a persoa adxudicataria do posto obtén, coa súa toma de posesión, o reingreso ao servizo activo, o prazo será de vinte días, conforme o establecido no artigo 14 do Decreto 93/1991, do 20 de marzo, modificado polo Decreto 166/2013, do 14 de novembro.

Cuarto. A xefatura do centro en que cause baixa a persoa seleccionada, así como a daquel en que obteña destino, consignará no título administrativo, dentro do prazo sinalado no punto anterior, as correspondentes dilixencias de cesamento e toma de posesión.

Quinto. Contra esta orde, que esgota a vía administrativa, as persoas interesadas poderán interpoñer recurso potestativo de reposición, perante esta consellería, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido na Lei 30/1992, do 26 de novembro, na súa nova redacción dada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, ou poderán impugnala directamente, perante o xulgado do contencioso-administrativo competente, no prazo de dous meses contados a partir da mesma data, segundo o establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 18 de novembro de 2014

Beatriz Mato Otero
Conselleira de Traballo e Benestar

ANEXO

Apelidos e nome: Fernández Eiras, Borja.

NRP: 3280795557 A2059.

Grupo: C-2.

Denominación do posto: secretario/a do presidente/a do C.G.RR.LL.

Código: TR.I01.00.000.15770.001.

Corpo/escala: xeral.

Nivel: 18.

Dependencia: Consello Galego de Relacións Laborais-Consellería de Traballo e Benestar.

Localidade: Santiago de Compostela.