Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 231 Martes, 2 de decembro de 2014 Páx. 49837

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Universidade de Vigo

RESOLUCIÓN do 24 de novembro de 2014 pola que se anuncia procedemento aberto, mediante tramitación ordinaria, para a adquisición, instalación, migración e posta en marcha dun sistema wifi (expediente 22/14).

1. Entidade adxudicadora. Datos xerais e datos para a obtención da información:

a) Organismo: Universidade de Vigo.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servizo de Xestión Económica e Contratación.

c) Obtención de documentación e información:

1º. Dependencia: Servizo de Xestión Económica e Contratación.

2º. Enderezo: Edificio de Xerencia-Servizos Centrais Campus As Lagoas-Marcosende.

3º. Localidade e código postal: Vigo 36310.

4º. Teléfono: 986 81 37 67.

5º. Telefax: 986 81 38 57.

6º. Correo electrónico: alabel@uvigo.es

7º. Enderezo da internet do perfil do contratante:

http://tablon2.uvigo.es/listado_expedientes.asp

8º. Data límite de obtención de documentación e información: 29 de decembro de 2014.

d) Número de expediente: 22/14.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: subministracións.

b) Descrición: adquisición, instalación, migración e posta en marcha dun sistema wifi da Universidade de Vigo.

c) División por lotes e número de lotes/número de unidades: non procede.

d) Lugar de execución/entrega:

1º. Enderezo: Servizos Informáticos na biblioteca central no campus das Lagoas-Marcosende en Vigo.

2º. Localidade e código postal: Vigo 36310.

e) Prazo de entrega: 2 meses.

f) Admisión de prórroga: non procede.

g) CPV: 32000000 y CPA: 26.2.

3. Tramitación e procedimento:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedimento: aberto.

c) Criterios de adxudicación:

1º. Prezo do contrato: 50 puntos.

2º. Solución técnica: 25 puntos.

3º. Incremento do número de anos respecto aos exixidos en mantemento, asistencia técnica, soporte e garantía: 10 puntos.

4º. Prezo do contrato de mantemento asistencia técnica, soporte e garantía en anos posteriores por debaixo de 6.000 euros sen IVE: 5 puntos.

5º. Ampliación do número de switches para ofertar, iguais aos da oferta ou de características superiores: 4 puntos.

6º. Ampliación do número de puntos de acceso para ofertar, iguais ou de características superiores aos da oferta: 3 puntos.

7º. Substituír puntos de acceso tipo 1 por puntos de acceso tipo 2 ou de características superiores, 3 puntos, de acordo coa folla resumo de características.

4. Valor estimado do contrato: 270.000 €.

5. Orzamento base de licitación: a) Importe neto: 270.000 € + 56.700 € de IVE a soportar.

6. Garantías exixidas: provisional: non se exixe. Definitiva: 5 % do importe de adxudicación sen IVE.

7. Requisitos específicos do contratista:

a) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional: os que se indican na folla resumo do prego de cláusulas administrativas.

b) Outros requisitos específicos: os indicados no punto 13 da FRC.

8. Presentación de ofertas ou de solicitudes de participación:

a) Data límite de presentación: 5 de xaneiro de 2015.

b) Modalidade de presentación: papel 3, sobres A, B e C.

c) Lugar de presentación:

1º. Dependencia: Rexistro Xeral da Universidade de Vigo.

2º. Enderezo: Edificio de Xerencia Servizos Centrais, planta baixa, As Lagoas-Marcosende.

3º. Localidade e código postal: Vigo 36310.

4º. Enderezo electrónico: alabel@uvigo.es

d) Prazo durante o que o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: tres meses.

9. Apertura de ofertas:

a) Descrición: sesión pública para sobres B e C na Sala de Xuntas do Edificio de Xerencia e Servizos Centrais da Universidade de Vigo.

b) Enderezo: As Lagoas-Marcosende, 2ª planta.

c) Localidade e código postal: 36310 Vigo.

d) Data e hora: publicarase no perfil do contratista da Universidade de Vigo.

10. Gastos de publicidade: serán por conta do adxudicatario, aproximadamente 2.400 euros.

Vigo, 24 de novembro de 2014

P.D. (Resolución do 7.5.2014; DOG do 13 de maio)
Manuel Fernández Jauregui
Xerente da Universidade de Vigo