Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 231 Martes, 2 de decembro de 2014 Páx. 49841

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Carral

ANUNCIO de información pública do estudo de detalle promovido por Cigalmar, S.L. e aprobado inicialmente.

O 20 de novembro de 2014 aprobouse inicialmente mediante decreto da Alcaldía deste concello o estudo de detalle para aproveitamento integral da parcela 10-I do polígono industrial dos Capelos, Carral, A Coruña, promovido pola mercantil Cigalmar, S.L.

Sométese o expediente a información pública mediante este anuncio, que se publicará no Diario Oficial de Galicia e no xornal La Opinión da Coruña, polo prazo de vinte (20) días contados desde a data da derradeira das devanditas publicacións.

Durante o período de información pública quedará o expediente á disposición de calquera que queira examinalo, para os efectos de que se presenten as alegacións e suxestións que se consideren pertinentes.

Este acordo determinará, por si só, a suspensión do procedemento de outorgamento de licenzas no ámbito do territorio obxecto de tal planeamento, cuxas novas determinacións supoñen a modificación da ordenación urbanística vixente.

Carral, 20 de novembro de 2014

José Luis Fernández Mouriño
Alcalde