Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 231 Martes, 2 de decembro de 2014 Páx. 49845

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Xinzo de Limia

ANUNCIO de aprobación definitiva de estudo de detalle.

Anuncio de aprobación definitiva do estudo de detalle na avenida de Ourense, nº 130, esquina Pista dos Castros.

O Pleno da Corporación, na sesión ordinaria que tivo lugar o día 30 de outubro de 2014, adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

«Primeiro. Aprobar definitivamente o estudo de detalle de reordenación de volumes e edificabilidade dunha superficie na avenida de Ourense, nº 130, esquina Pista dos Castros, da vila de Xinzo de Limia, aprobado inicialmente por Acordo da Xunta de Goberno Local do 2 de xuño de 2014, e que desenvolve o Plan xeral de ordenación urbana de Xinzo de Limia, quedando extinguida a suspensión de licenzas.

Segundo. Publicar o acordo de aprobación definitiva no Diario Oficial de Galicia, e o texto dos documentos que o integran, así como o índice de planos do estudo de detalle, no Boletín Oficial da provincia, co fin de que entre en vigor o dito instrumento de planeamento.

Terceiro. Notificarlle este acordo aos propietarios e demais interesados directamente afectados polo estudo de detalle.

Cuarto. Comunicar á consellería competente en materia de urbanismo e ordenación do territorio a aprobación do estudo de detalle referido, á vez que se lle dá traslado dunha copia autenticada de dous exemplares con todos os planos e documentos que o integran.

Quinto. Facultar ao alcalde presidente para subscribir e asinar toda clase de documentos e, en xeral, para todo o relacionado con este asunto.

Sexto. Notificarlles este acordo aos servizos técnicos municipais e ao concelleiro de Urbanismo para os efectos do seu coñecemento».

Recursos. Contra o contido do mencionado acordo, que pon fin á vía administrativa, poderá interpoñer de xeito potestativo o recurso de reposición perante o mesmo órgano que o ditou e no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da recepción da presente notificación. O recurso de reposición entenderase desestimado se no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da interposición, o órgano competente para resolvelo non ditase e notificase resolución expresa.

Contra a resolución expresa do recurso de reposición, ou ben directamente (sen recurso administrativo), poderá interpoñer o recurso contencioso-administrativo perante o Xulgado do Contencioso-Administrativo, no prazo de dous meses, prazo que será de seis meses no caso de non resolverse de xeito expreso o recurso de reposición, contados a partir do día seguinte a aquel en que se deba entender presuntamente desestimado o recurso de reposición interposto. Todo isto de conformidade co disposto no artigo 52 da Lei 7/1985, reguladora das bases do réxime local, artigos 116 e 117 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e os artigos 10 e 46 da Lei 29/1998, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Advírteselle tamén que poderá utilizar calquera outro recurso que xulgue pertinente, así como exercer as accións que procedan perante da xurisdición competente.

Xinzo de Limia, 31 de outubro de 2014

Antonio Pérez Rodríguez
Alcalde