Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 231 Martes, 2 de decembro de 2014 Páx. 49652

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

RESOLUCIÓN do 26 de novembro de 2014, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se aproban e se fan públicas as listaxes definitivas de admitidos/as ao proceso selectivo para o ingreso no corpo superior de Administración da Xunta de Galicia, subgrupo A1, escala de letrados/as.

En virtude da Resolución do 10 de outubro de 2014, da Dirección Xeral da Función Pública, publicada no Diario Oficial de Galicia nº 199, do 17 de outubro, aprobáronse as listaxes provisionais de admitidos/as ao proceso selectivo para o ingreso no corpo superior de Administración da Xunta de Galicia, subgrupo A1, escala de letrados/as.

Unha vez transcorrido o prazo regulamentario para a presentación de emendas sobre as ditas relacións de admitidos/as, de conformidade co artigo 12 do Regulamento de selección de persoal da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia e coa base I.4.2 das que rexen o proceso selectivo convocado pola Orde do 9 de maio de 2014, publicada no Diario Oficial de Galicia nº 96, do 21 de maio, esta dirección xeral

RESOLVE:

Aprobar as listaxes definitivas de admitidos/as ao proceso selectivo para o ingreso no corpo superior de Administración da Xunta de Galicia, subgrupo A1, escala de letrados/as.

Non se aprecia causa de exclusión do proceso en ningún/ningunha dos/as interesados/as que presentan solicitude de participación.

As listaxes definitivas de aspirantes admitidos/as poderanse consultar na páxina web da Xunta de Galicia (www.xunta.es) e estará á disposición dos/as aspirantes no Servizo do Rexistro Xeral e Información á Cidadanía da Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, nas oficinas de Rexistro e Información dos edificios administrativos da Xunta de Galicia e nas súas oficinas comarcais.

Contra esta resolución poderase interpoñer recurso potestativo de reposición ante a conselleira de Facenda, no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido na Lei 30/1992, do 26 de novembro, ou poderase interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses, contados desde a mesma data, de conformidade co disposto no artigo 8.2 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, en relación co artigo 10.1 do mesmo texto legal.

Santiago de Compostela, 26 de novembro de 2014

José María Barreiro Díaz
Director xeral da Función Pública