Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 230 Luns, 1 de decembro de 2014 Páx. 49103

III. Outras disposicións

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

RESOLUCIÓN do 12 de novembro de 2014, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se procede á publicación das subvencións concedidas ao abeiro da Resolución do 23 de xullo de 2014, da Secretaría Xeral da Igualdade, pola que se establecen as bases que rexerán o procedemento de concesión de axudas económicas destinadas a fomentar o asociacionismo e a participación das mulleres, cofinanciadas polo FSE, e se procede á súa convocatoria (Diario Oficial de Galicia número 145, do 1 de agosto).

De conformidade co disposto no artigo 15.1 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e no artigo 24 da Resolución do 23 de xullo de 2014 pola que se establecen as bases que rexerán o procedemento de concesión de axudas económicas destinadas a fomentar o asociacionismo e a participación das mulleres e se procede á súa convocatoria, procédese á publicación das subvencións concedidas ao abeiro da citada Resolución do 23 de xullo de 2014.

Finalidade da axuda: estas axudas teñen como finalidade fortalecer e consolidar o movemento asociativo de mulleres, por ser un elemento indispensable na promoción da igualdade de oportunidades, a través das seguintes liñas:

Liña 1: consolidación do movemento asociativo, destinada a compensar gastos correntes que orixine o mantemento e funcionamento das asociacións de mulleres e as súas federacións.

Liña 2: promoción de accións de sensibilización, información ou formación en materia de igualdade entre mulleres e homes.

Liña 3 : promoción e accións de prevención da violencia de xénero así como de atención (protección, asistencia e/ou acompañamento) a mulleres que a sofren, destinadas a compensar gastos correntes e/ou de persoal producidos polo desenvolvemento de programas dirixidos a calquera destas finalidades.

Norma reguladora: Resolución do 23 de xullo de 2014 pola que se establecen as bases que rexerán o procedemento de concesión de axudas económicas destinadas a fomentar o asociacionismo e a participación das mulleres e se procede á súa convocatoria.

Crédito orzamentario: 38.461,54 euros.

Partida orzamentaria: 05.11.313B.480.0.

Cofinanciada ao 80 % polo Fondo Social Europeo a través do Programa operativo de Galicia 2007/13, eixe: 2, tema prioritario: 69.

Entidades beneficiarias da subvención e importe concedido a cada unha delas: ver anexo.

A Coruña, 12 de novembro de 2014

María Barreiro Lázare
Xefa territorial da Coruña

ANEXO
Subvencións concedidas

Crédito asignado: 38.461,54 €.

Liña 1. Consolidación do movemento asociativo.

DNI/CIF

Entidade

Importe

G70370119

Asociac. Punto delas-Secretaría das mulleres

3.000,00

G70223417

Asoc. Mulleres Discapacidade Galicia-Acadar

2.659,86

G15901176

Asociación Mulleres Rurais Amurusa

1.351,20

G15766918

Asoc. MM.RR. «A Maristela»

2.012,65

G15945686

Asociación Labregas

2.352,00

G70239397

Asoc. Rural Mulleres Emprendedoras Arume

1.520,00

G15870777

Asociación de Mulleres Rurais Carballeira

635,60

G70180229

Asociación Redmadre Coruña

1.050,18

G15982242

A. de Empregadas do Fogar Xiara

124,46

G15923022

Asociación Profesional de Redeiras O Fieital

336,82

Liña 2. Promoción accións de sensibilización, información ou formación en materia de igualdade de oportunidades.

DNI/CIF

Entidade

Importe

G70101647

Fademur (Fed. de Asoc. Mulleres Rurais Gal.)

2.996,28

G15173263

Asociación «Integro»

3.000,00

G15932825

Asoc. Mulleres Rurais Arume

1.800,00

G15830375

Asoc. Cultural Mulleres «O Cantón»

1.775,00

G70251590

Asoc. Mujeres Profes. y Autónomas de Galicia

2.884,96

G15546104

A. MM.RR. Río Ulla

634,85

G15923113

Asoc. Mulleres Rurais Ceres de Carballo

2.553,01

G15049034

Asoc. Prov. Amas Casa, Consumidores e Usuarios

2.580,80

Liña 3. Promoción de accións de prevención da violencia de xénero.

DNI/CIF

Entidade

Importe

G70312954

Asociación Mirabal

3.000,00