Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 230 Luns, 1 de decembro de 2014 Páx. 49569

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 25 de novembro de 2014 pola que se anuncia a contratación documentalmente simplificada, por procedemento aberto, da subministración de enerxía eléctrica a un dos centros de consumo da Redexga, a Sociedade Galega do Medio Ambiente, S.A. (Sogama) (expediente 06/2014 SXT).

1. Entidade adxudicadora: datos xerais e datos para a obtención da información:

a) Organismo: Consellería de Economía e Industria.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral Técnica.

c) Obtención de documentación e información:

1º. Dependencia: Servizo de Contratación.

2º. Enderezo: Edificio Administrativo San Caetano, s/n; bloque 5, 4º andar.

3º. Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.

4º. Teléfono: 981 54 55 22 e 981 54 55 23.

5º. Telefax: 981 54 49 49.

6º. Correo electrónico: licitacion.industria@xunta.es.

7º. Enderezo da internet do perfil do contratante: economiaeindustria.xunta.es.

8º. Data límite de obtención de documentación e información: o último día de presentación de proposicións.

d) Número de expediente: 06/2014 SXT.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: subministración.

b) Descrición: subministración de enerxía eléctrica a dous puntos de subministración da planta da Sociedade Galega do Medio Ambiente (Sogama) en Cerceda.

c) División por lotes e número de lotes/número de unidades: non.

d) Lugar de execución/entrega: Cerceda, A Coruña.

e) Prazo de execución/entrega: desde o día seguinte ao da sinatura do contrato ata o 31 de decembro de 2015.

f) Admisión de prórroga: non.

g) Establecemento dun acordo marco: non.

h) CPV (referencia de nomenclatura): 09310000-5 (Electricidade).

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Poxa electrónica: non.

d) Criterios de adxudicación: os sinalados na cláusula J da folla de especificacións do prego de cláusulas administrativas particulares (PCAP).

4. Valor estimado do contrato: 77.645,88 euros.

5. Orzamento base de licitación:

Importe neto 77.645,88 euros. Importe total 93.951,51 euros.

6. Garantías exixidas:

Provisional: non se exixe.

Definitiva (%): exímese o adxudicatario de constituíla, de conformidade co disposto no artigo 95.1 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público (TRLCSP).

7. Requisitos específicos do contratista:

a) Clasificación: non se exixe.

b) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional (de ser o caso): deberán acreditarse nos termos especificados nas cláusulas E, F e G da folla de especificacións do PCAP.

c) Outros requisitos específicos: non.

d) Contratos reservados: non.

8. Presentación de ofertas ou de solicitudes de participación:

a) Data límite de presentación: oito días naturais, que se contarán desde o seguinte ao da data de publicación do anuncio de licitación no Diario Oficial de Galicia (DOG).

b) Modalidade de presentación: segundo o disposto na cláusula R da folla de especificacións e na cláusula 6, ambas do PCAP.

c) Lugar de presentación:

1º. Dependencia: Oficina do Rexistro Xeral da Xunta de Galicia.

2º. Enderezo: Edificio Administrativo San Caetano, s/n.

3º. Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.

4º. Enderezo electrónico: rexistroxeral@xunta.es.

d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: durante os prazos sinalados nos parágrafos 2 e 3 do artigo 161 do TRLCSP.

9. Apertura de ofertas (sobres A e B):

a) Descrición:

Apertura dos sobres A: acto non público de exame da documentación xeral administrativa pola mesa de contratación.

Apertura dos sobres B: apertura en acto público da documentación económica relativa a aspectos cuantitativos, é dicir, cuantificables mediante a aplicación de fórmulas.

b) Enderezo: Edificio Administrativo San Caetano, s/n; bloque 5, 4º andar.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.

d) Data e hora: indicaranse no perfil do contratante a data e hora da apertura dos sobres B.

10. Gastos de publicidade: serán por conta do adxudicatario os gastos de publicación no DOG. O prezo da publicación será de 10,82 euros por liña.

11. Outras informacións:

Poden obterse os pregos na páxina:

http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=21630

Santiago de Compostela, 25 de novembro de 2014

Por delegación (Orde do 26.7.2013, DOG núm. 154)
Borja Verea Fraiz
Secretario xeral técnico da Consellería de Economía e Industria